Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 278/2001, interposto por Mª Lourdes Allegue Caaveiro, Juana Mª Pena Fontenla, Juan Carlos Currás López, Mª Olga Vilasánchez Seoane e Yolanda Couce Rodríguez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 278/2001, interposto por Mª Lourdes Allegue Caaveiro, Juana Mª Pena Fontenla, Juan Carlos Currás López, Mª Olga Vilasánchez Seoane e Yolanda Couce Rodríguez, contra as resolucións da Consellería da Presidencia e Administración Pública polas que se

desestiman os recursos de alzada respectivamente interpostos polos recorrentes en relación coa xestión das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo correspondentes ás categorías 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) e 11 (limpador/a e outros) do grupo V e á categoría 4 (auxiliar coidador/a e outros) do grupo IV.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública