Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 404/2001, do 11 de decembro, polo que se aproba o Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2002.

O Plan Galego de Estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural conforme establece o artigo 9 de citada lei.

O obxecto deste decreto é aproba-lo Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2002, dando comezo á execución do Plan Galego de Estatística 2002-2006, aprobado pola Lei 10/2001, do 17 de setembro (DOG nº 188, do 27 de setembro), e que continúa así coa planificación iniciada co Plan Galego de Estatística 1998-2001.

En virtude de todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 9 da citada Lei 9/1988, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Galego de Estatística e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002. Este

programa está integrado polo conxunto das seguintes actividades estatísticas:

a) As que integran as metas de información do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e que son recollidas no anexo I deste decreto.

b) Aquelas que darán cumprimento ós obxectivos das metas instrumentais do citado plan e que figuran no anexo II deste decreto.

Artigo 2º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información están sometidas ás seguintes regras xerais:

a) A súa execución farase con criterios obxectivos e de conformidade cos principios científicos que aseguren a súa corrección técnica.

b) Manterán o segredo estatístico no que respecta a datos individuais utilizados nas ditas actividades.

c) As actividades estatísticas e os seus resultados que non sexan responsabilidade do Instituto Galego de Estatística (IGE) serán homologados por este.

d) Os resultados e productos estatísticos obtidos difundiranse adecuadamente.

Artigo 3º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información están sometidas ás seguintes regras específicas:

a) Designarán o organismo responsable de executa-la actividade.

b) Determinarán as persoas físicas ou xurídicas e os entes de dereito público obrigados a subministra-la información requirida.

c) Establecerán o prazo no que os resultados estarán dispoñibles para a súa difusión.

d) Designarán o organismo obrigado a difundi-los resultados da actividade estatística.

e) Establecerán o orzamento estimado destinado á realización da actividade estatística.

Artigo 4º

Para a homologación á que se refire ó artigo 2 c) deste decreto as actividades estatísticas deben cumpri-los seguintes requisitos, facéndose constar nas publicacións que se fagan:

1. Os anuarios deben cita-la fonte de procedencia dos datos en cada un dos cadros que conteñan.

Se a fonte fose unha estatística homologada farase constar expresamente a súa homologación polo IGE.

2. As actividades estatísticas que teñan por fonte de información unha enquisa deben incluír unha metodoloxía na que se recollerá explicitamente:

a) O directorio de unidades que van investigar.

b) O procedemento de selección da mostra.

c) O procedemento de elevación de resultados.

A clasificación das unidades que se van investigar farase conforme a que corresponda das que estean en vigor.

3. As actividades que teñan por fonte de información un rexistro administrativo deben conter:

a) A normativa legal aplicable ó rexistro utilizado.

b) A metodoloxía da elaboración de resultados estatísticos.

c) A coherencia dos datos obtidos.

d) A clasificación de unidades segundo corresponda das que estean en vigor.

4. a) As actividades estatísticas de síntese deben recolle-los directorios utilizados, de xeito detallado, así como a relación das estatísticas empregadas xa sexan estatísticas homologadas polo IGE, estatísticas oficiais contidas no Plan Estatístico Estatal ou Europeo, ou calquera outra, procedéndose neste último caso á súa detallada descrición.

b) As estatísticas de síntese deben seguir, de se-lo caso, a metodoloxía e criterios de valoración contidos no Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais (SEC 1995) e os seus desenvolvementos oficiais. Se non fose procedente deberá especificarse a metodoloxía aplicada.

5. Nos censos debe describirse a metodoloxía de elaboración, na que se indicará a aplicada ó proceso de recollida da información, e deixar constancia da clasificación de unidades conforme a que corresponda das que estean en vigor.

Artigo 5º

De acordo co previsto no artigo 22 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, os organismos e entidades responsables da execución das actividades estatísticas descritas anteriormente remitiranlle os resultados das ditas actividades ó IGE.

Este emitirá un informe sobre o grao de cumprimento das normas reguladoras aplicables ás actividades estatísticas citadas e, se o dito informe é favorable, aprobará os resultados e daralle conta da aprobación ó Consello Galego de Estatística.

Ademais, as actividades estatísticas que sexan obxecto de difusión están sometidas ás normas técnicas contidas na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de novembro de 1998.

Artigo 6º

O IGE, como organismo responsable da elaboración do Plan Galego de Estatística e os programas estatísticos anuais, coordinará a execución do presente programa e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias no cumprimento do artigo 5 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006.

Disposición adicional

As actividades estatísticas incluídas neste programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2002.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución desta norma.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002.

Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Actividades estatísticas recollidas na Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e incluídas no Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2002.

1. Área de estatísticas demográficas.

1.0.1

Nome: Censo de poboación e vivenda 2001: explotación de resultados.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo:

* Coñece-la estructura e características da poboación de Galicia.

* Coñece-lo número e características das vivendas galegas.

* Coñece-las características, estructura e tipoloxía dos fogares e familias galegas.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: prazo medio.

1.0.2

Nome: Padrón municipal de habitantes: explotación estatística.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las características básicas da poboación que se recollen no padrón municipal de habitantes o 1 de xaneiro de cada ano.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

1.0.3

Nome: Movemento natural da poboación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: dispoñer de información actualizada sobre os nacementos, defuncións e matrimonios de residentes en Galicia, así como a súa distribución segundo certas variables de interese.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

1.0.4

Nome: Movementos migratorios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo número e as características das migracións que teñen por orixe ou destino algún concello galego.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

1.0.5

Nome: Proxeccións de poboación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estima-la distribución futura da poboación galega, formulando os escenarios máis probables de acordo coa análise da información demográfica dispoñible.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

1.0.6

Nome: Proxeccións de fogares.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: establece-las estimacións do número futuro de fogares e/ou familias atendendo a certas clasificacións básicas.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo longo.

1.0.7

Nome: Series demográficas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: poñer á disposición dos usuarios un conxunto de series que reflictan a evolución no tempo dos distintos fenómenos demográficos clasificados segundo certas características de interese.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

1.0.8

Nome: Indicadores demográficos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: definir, elaborar e manter un sistema de indicadores demográficos que ofreza unha imaxe de síntese sobre a situación demográfica nos distintos ámbitos territoriais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2. Área de estatísticas sociais.

Sección 2.1. Estatísticas educativas.

2.1.1

Nome: Rexistro de centros.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-la estructura (ensinanzas, grupos...) e os datos identificativos dos centros de ensino de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.1.2

Nome: Datos estatísticos do ensino non universitario.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.1.3

Nome: Datos estatísticos do sistema universitario.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema universitario de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.1.4

Nome: Gasto público en educación.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-los datos sobre o gasto público en educación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 2.2. Estatísticas sanitarias.

2.2.1

Nome: Análise da mortalidade.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: obte-los datos de mortalidade de Galicia en número de casos e taxas por enfermidades e grupos de enfermidades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.2

Nome: Enfermidades de declaración obrigatoria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la incidencia de certas enfermidades transmisibles e de tódolos abrollos, coa intención de evita-la súa difusión no territorio galego e mesmo alén del.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.3

Nome: Sistema de información microbiolóxica de Galicia (SIMG).

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: co SIMG preténdese, dun modo xenérico, favorece-lo control dos diferentes procesos microbiolóxicos vixiados e identificar axentes novos.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.4

Nome: Rexistro de tumores.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la incidencia e distribución por idade, sexo e área xeográfica e avalia-lo impacto do cancro en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.5

Nome: Rexistro galego de tuberculose.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: recolle-la información correspondente ós casos de tuberculose de persoas residentes en Galicia e coñece-la súa incidencia e evolución no tempo e certas características da súa presentación na poboación da comunidade.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.6

Nome: Rexistro galego da sida.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: recolle-la información correspondente ós casos de sida de persoas residentes en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.7

Nome: Sistema de información do sacrificio de animais de abasto e comercialización da carne.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la cantidade e algunhas características de interese no sacrificio de animais de abasto e comercialización da carne para facilita-la posta en marcha de programas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.8

Nome: Sistema de información de explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais a base de leite cru de vaca.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la cantidade e algunhas características de interese das explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais existentes para facilita-la posta en marcha de programas de control sanitario.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.9

Nome: Sistema de información do rexistro sanitario de industrias alimentarias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la cantidade e algunhas características de interese das industrias alimentarias existentes para facilita-la posta en marcha de programas de control sanitario.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.10

Nome: Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño (marítimas e continentais).

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: conseguir información que permita o desenvolvemento de programas para previ-la morbilidade asociada ó baño, informa-los usuarios das zonas de baño e as autoridades locais do estado sanitario das zonas de baño.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.11

Nome: Enquisa de saúde sanitaria e social ás mulleres galegas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: monitoriza-la implantación do Plan integral de atención sanitaria e social á muller e coñece-la cobertura das distintas actuacións preventivas, a prevalencia dos principais factores de risco, os problemas sociais graves, o tipo de axuda solicitada e grao de satisfacción cos servicios recibidos entre as mulleres de Galicia, así como a actitude das mulleres sobre algúns problemas sociais e de saúde.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.13

Nome: Enquisa de saúde bucodental nos escolares galegos.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñecer e monitoriza-lo estado da saúde bucodental nos escolares galegos, os seus coñecementos sobre a prevención de enfermidades bucodentais e os seus hábitos hixiénicos e alimentarios.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.14

Nome: Enquisa de cobertura vacinal.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñecer de xeito periódico a porcentaxe de poboación galega vacinada nas diferentes idades establecidas nos programas de vacinación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.15

Nome: Estatística de establecementos sanitarios con réxime de internado.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-las características estructurais do sector hospitalario e o seguimento da súa evolución mediante a recollida de información sobre recursos humanos e materiais, actividade asistencial e actividade económica do sector.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.16

Nome: Catálogo de hospitais.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: dispoñer dun directorio de hospitais de Galicia que conteña os principais recursos instalados con independencia da súa titularidade.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.17

Nome: Conxunto mínimo básico de datos en hospitais do Sergas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-los procesos de hospitalización.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.19

Nome: Servicios de atención primaria de saúde.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la cobertura e ámbito de influencia dos servicios sanitarios de atención primaria para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.20

Nome: Servicios de atención especializada.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la cobertura e ámbito de influencia dos hospitais (vinculados, concertados e outros) e centros de especialidades para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.21

Nome: Servicios especiais de atención sanitaria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la cobertura e ámbito de influencia de servicios especiais (unidades de saúde mental, centros de orientación familiar, unidades de atención ó drogodependente, urxencias sanitarias 061) para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.23

Nome: Expedientes de prestacións complementarias e de reintegro de gastos por asistencia en medicina privada.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-lo custo e os pacientes por programas nos expedientes indicados.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.24

Nome: Saúde laboral.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-los indicadores básicos dos procesos de incapacidade temporal acaecidos en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.25

Nome: Sistema de información farmacéutica: establecementos e servicios de atención farmacéutica.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: dispoñer dun sistema de información no que se especifiquen o número, carteira de servicios e recursos dispoñibles das oficinas de farmacia existentes en cada zona farmacéutica, así como dos servicios de farmacia de atención primaria e especializada de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.26

Nome: Prestación farmacéutica.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la distribución e a evolución da prestación farmacéutica nas catro provincias da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.27

Nome: Estudio epidemiolóxico sobre o consumo de drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: analiza-la prevalencia e os patróns de consumo de cada droga, os perfís dos consumidores, as motivacións, os factores de risco e as consecuencias do consumo así como as actitudes da poboación en relación co consumo de drogas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.28

Nome: Sistema de avaliación asistencial de drogodependencias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: describi-las características dos pacientes atendidos nas unidades asistenciais do Plan de Galicia sobre drogas e avalia-lo proceso terapéutico que se lles dispensa.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.29

Nome: Mortalidade por reacción aguda ó consumo de drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: monitoriza-la mortalidade por reacción aguda ó consumo de drogas e obter información sobre distintos aspectos tanto descritivos coma causais relacionados co falecemento por este motivo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.30

Nome: Sistema para a avaliación de programas de prevención e incorporación social de drogodependencias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo:

* Unifica-los sistemas de recollida de información.

* Proporcionar indicadores de avaliación e criterios de análise para valora-los programas.

* Proporcionarlles feed-back ós profesionais para outras avaliacións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.31

Nome: Observatorio de Galicia sobre drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: crear un sistema de recollida de información que permita unha análise eficaz do fenómeno das drogodependencias en Galicia, promovendo a unificación de criterios na referida recollida nos diferentes sistemas existentes, tanto a nivel galego coma estatal e europeo.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

Sección 2.3. Estatísticas de benestar social.

2.3.1

Nome: Directorio de centros de familia, formación, emprego, xuventude e muller.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la localización, o número, a estructura e as características destas entidades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.3.3

Nome: Estatística de familias numerosas.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a actividade profesional, etc., deste colectivo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.3.4

Nome: Estatística de adopcións e acollementos.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc., destas familias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.5

Nome: Enquisa de condicións de vida das familias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estudia-las condicións de vida dos fogares galegos.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.3.6

Nome: Consumo das familias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo comportamento do consumo familiar en Galicia a través da explotación da enquisa de orzamentos familiares do Instituto Nacional de Estatística.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.7

Nome: Estudio sobre datos demográficos das persoas maiores.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-los perfís e necesidades dos maiores galegos.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.9

Nome: Estatística sobre datos demográficos de beneficiarios da Risga e emerxencia social.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-lo número e evolución de beneficiarios da Risga e de axudas de emerxencia social.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.10

Nome: Directorio de centros de servicios sociais.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: informa-la poboación sobre os centros de servicios sociais existentes en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.11

Nome: Directorio de entidades prestadoras de servicios sociais.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: informa-la poboación sobre as entidades prestadoras de servicios sociais existentes en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.12

Nome: Censo de persoas con minusvalía dos residentes na Comunidade Autónoma.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: informar sobre o número de persoas con minusvalía de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.13

Nome: Guía de programas de acción voluntaria.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo:

* Fomenta-la participación dos cidadáns en actuacións de voluntariado.

* Promove-los valores socioculturais, humanitarios, ecolóxicos e deportivos da sociedade mediante a acción voluntaria.

* Potencia-lo voluntariado organizado, permitíndolles ós cidadáns poñe-los seus coñecementos e competencias ó servicio de actuacións de interese xeral.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.3.14

Nome: Indicadores sociais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: medir por medio dun conxunto de indicadores a diversidade de aspectos que conforman un concepto (pluridimensional) de benestar.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo longo.

Sección 2.4. Estatísticas culturais e de uso do tempo.

2.4.1

Nome: Directorio de museos.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: ter información sobre a situación dos museos e das coleccións visitables recoñecidos.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.2

Nome: Directorio de bibliotecas.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: ofrecer información pública acerca dos servicios de lectura pública existentes na Comunidade Autónoma de Galicia e outros tipos de bibliotecas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.4.3

Nome: Censo de empresas editoriais.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la producción editorial galega.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.4

Nome: Directorio de cines e teatros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-lo número de salas comerciais e non comerciais que funcionan en Galicia e a capacidade de cada unha delas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.4.5

Nome: Directorio de fundacións e asociacións.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-lo número, a estructura e as características destas institucións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.4.6

Nome: Carné xove.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-lo número e as características dos usuarios deste carné e das súas familias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.7

Nome: Actividades deportivas da poboación galega.

Organismo responsable: Secretaría Xeral para o Deporte.

Obxectivo: coñece-los hábitos deportivos da poboación galega.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.8

Nome: Censo de instalacións deportivas.

Organismo responsable: Secretaría Xeral para o Deporte.

Obxectivo: coñece-la localización e as características das instalacións deportivas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.4.9

Nome: Directorio de federacións e clubs deportivos.

Organismo responsable: Secretaría Xeral para o Deporte.

Obxectivo: coñece-lo número, a localización e as características das federacións e clubs deportivos.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.10

Nome: Estatística de xogo.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la información dispoñible sobre o xogo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 2.5. Estatísticas da Administración de xustiza.

2.5.1

Nome: Estudio da asistencia xurídica gratuíta.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la demanda de asistencia xurídica gratuíta existente en Galicia, as pretensións dos solicitantes, os procedementos que hai que seguir e a orde xurisdiccional á que corresponden.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 2.6. Estatísticas do mercado de traballo

2.6.1

Nome: Mercado de traballo.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: elaborar información de síntese sobre múltiples aspectos do panorama sociolaboral galego: emprego, relacións laborais, protección social e salarios.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.2

Nome: Enquisa de poboación activa.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: explotar exhaustivamente e difundir trimestralmente os datos sobre a Enquisa de poboación activa (EPA) en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.4

Nome: Tendencias do emprego.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la evolución do emprego en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.5

Nome: Rexistro de contratos laborais.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-lo número e tipoloxía dos contratos de traballo rexistrados polo Servicio Público de Emprego.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.6.6

Nome: Afiliacións á Seguridade Social.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las variacións das afiliacións á Seguridade Social.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.7

Nome: Informe do paro rexistrado.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la situación do paro rexistrado na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.8

Nome: Regulación do emprego.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-lo número de traballadores afectados por medidas de regulación de emprego en Galicia e as causas polas que se presentaron os expedientes.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.9

Nome: Conciliacións individuais e colectivas.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as conciliacións individuais e colectivas levadas a cabo en Galicia por motivo de despedimentos, reclamacións de cantidade e outros motivos.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.10

Nome: Folgas e peches patronais.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as folgas e os peches patronais en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.11

Nome: Sancións e demais actuacións públicas en materia laboral.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as actas de infraccións estendidas pola Inspección de Traballo en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.12

Nome: Sinistralidade laboral.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la incidencia da sinistralidade laboral en Galicia a través dos comunicados das multas laborais ós centros de seguridade e hixiene no traballo e as condicións de saúde no traballo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.13

Nome: Eleccións sindicais.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñecer de xeito detallado os resultados das eleccións sindicais en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.14

Nome: Estatísticas de pensións e outras prestacións.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la estructura e as características das pensións e outras prestacións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.6.15

Nome: Estatística de persoal e salarios nas administracións públicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-los efectivos das administracións públicas de Galicia e os salarios pagados por estas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.16

Nome: Directorio de centros de traballo.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la estructura, as características e a localización dos centros de traballo en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.17

Nome: Economía social.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la estructura, as características e a localización das cooperativas e sociedades laborais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.18

Nome: Directorio das oficinas de información xuvenil e para o emprego.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-lo número, as características e a localización destas dependencias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.19

Nome: Directorio de escolas obradoiro e casas de oficios.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-lo número e as características deste tipo de centros e do seu alumnado.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.20

Nome: Directorio de técnicos locais de emprego.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la relación e funcións de tódolos técnicos, axentes de emprego e persoal das unidades de formación e desenvolvemento (UFD).

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3. Área de estatísticas económicas.

Sección 3.1. Conxuntura económica.

3.1.1

Nome: Boletín trimestral de indicadores de conxuntura.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-las principais series de indicadores sobre a economía de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.1.2

Nome: Contabilidade trimestral.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: proporcionar unha descrición cuantitativa coherente do conxunto da actividade económica galega no pasado inmediato mediante un cadro macroeconómico trimestral elaborado desde a óptica da oferta e a demanda.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.1.3

Nome: Modelos de previsión socioeconómica.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estima-la evolución anual dos principais agregados da actividade socioeconómica de Galicia mediante técnicas econométricas que permitan coñece-lo seu crecemento, a súa evolución tendencial e o seu perfil cíclico.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.2. Estatísticas das contas económicas.

3.2.2

Nome: Contas económicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: analizar e avalia-la estructura da economía galega no seu conxunto e por ramas de actividade económica.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.2.3

Nome: Macromagnitudes agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: estima-la valoración das produccións agrarias en metodoloxía FAO ou SEC e analiza-la evolución provincial e autonómica da renda agraria e das principais macromagnitudes.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.2.4

Nome: Macromagnitudes da pesca.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes da pesca en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.5

Nome: Macromagnitudes da industria.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes da industria en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.6

Nome: Macromagnitudes das administracións públicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la actividade económica das administracións públicas en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.7

Nome: Macromagnitudes dos servicios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes dos servicios en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.8

Nome: Contas satélite.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: satisfacer necesidades específicas de información relativas a diversas materias por decidir (turismo, medio ambiente, educación, sanidade, deportes...).

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo longo.

Sección 3.3. Estatísticas de actividades empresariais.

3.3.1

Nome: Directorio de empresas e unidades locais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: servir de fonte de información nas estatísticas empresariais e nos estudios e análises económicas e proporcionar un marco de referencia para a realización de enquisas por mostraxe e elevación de datos.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.3.2

Nome: Eficacia empresarial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: elaborar indicadores de eficacia que permitan o coñecemento da evolución conxuntural do tecido empresarial galego.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.3.3

Nome: Enquisa de servicios ás empresas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: investiga-las principais características estructurais e de actividade do sector servicios ás empresas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

Sección 3.4. Estatísticas comerciais.

3.4.1

Nome: Comercio exterior e intracomunitario.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: cuantificar e analiza-los fluxos de mercadorías de Galicia coa Unión Europea e con terceiros países.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.4.3

Nome: Índices de valor unitario para o comercio exterior.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: segui-la evolución do valor, os prezos e o volume de exportacións e importacións en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.4.5

Nome: Estructura do comercio.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las características básicas das empresas e unidades locais comerciais de Galicia.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.4.6

Nome: Enquisa de comercio interior.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: investiga-las principais características estructurais e de actividade do sector comercio.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.4.7

Nome: Índices de vendas de comercio polo miúdo.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución temporal das vendas no comercio polo miúdo.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 3.5. Estatísticas agrarias e pesqueiras.

3.5.1

Nome: Explotación do Rexistro de Gando Bovino.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: analiza-lo volume, a composición e a evolución no tempo da gandería galega de bovino.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.2

Nome: Enquisa de bovino.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: investiga-las principais características estructurais e de actividade do subsector lácteo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.3

Nome: Prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución das vendas, dos gastos e dos prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.4

Nome: Estatística de sacrificio de gando en matadoiros.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: obte-los datos mensuais de sacrificio de gando (número de reses e peso canal total-por tipoloxías e categorías) dunha mostra de matadoiros, así como unha recompilación anual do sacrificio en tódolos matadoiros da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.5

Nome: Prezos agrarios.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: estima-los principais valores dos prezos agrarios percibidos e pagados polos agricultores na nosa Comunidade Autónoma, desagregado por provincias segundo as especificacións sinaladas ó respecto.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.6

Nome: Prezos da terra.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: estima-la valoración das diferentes categorías e especificacións da terra e analiza-la evolución provincial e rexional do prezo da terra.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.7

Nome: Censo de maquinaria agraria.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: determina-lo censo de maquinaria agraria en uso por provincias, tipoloxías e categorías.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.8

Nome: Avance de superficies e produccións agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: obter unha estimación das superficies sementadas ou plantadas e das produccións previstas para determinados cultivos asignados polo MAPA a cada provincia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.9

Nome: Rendementos de cultivos.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: obte-los rendementos dos cultivos que teñen maior incidencia na renda agraria galega.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.17

Nome: Anuario de estatística agraria.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: recompilar e difundi-la información estatística agraria máis salientable obtida a través das operacións realizadas ó longo do ano en curso.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.18

Nome: Censo da flota pesqueira.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: coñece-la relación das embarcacións de pesca, marisqueo e acuicultura con porto base en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.19

Nome: Estatística de vendas en primeira comercialización.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: agrega-los fluxos de vendas de peixe nas lonxas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.20

Nome: Directorio de instalacións de producción para a acuicultura.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización territorial dos centros de acuicultura.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.21

Nome: Estatística de producción de acuicultura mariña.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: coñece-la producción das especies mariñas producidas con técnicas de acuicultura.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.22

Nome: Anuario de pesca.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: recompila-las estatísticas socioeconómicas do sector pesqueiro galego.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.6. Estatísticas industriais.

3.6.1

Nome: Rexistro industrial.

Organismo responsable: Consellería de Industria e Comercio.

Obxectivo: analiza-la evolución da creación e baixas de empresas, segmentando o estudio por sectores e dimensións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.6.2

Nome: Estructura industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las características básicas das empresas e unidades locais industriais de Galicia.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.6.3

Nome: Índice de producción industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: medi-la evolución do VEB xerado polas ramas industriais de Galicia, agás a construcción, mediante a elaboración de indicadores da súa evolución mensual.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.6.4

Nome: Índice de prezos industriais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución dos prezos industriais en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.6.5

Nome: Producción mineira.

Organismo responsable: Consellería de Industria e Comercio.

Obxectivo: analiza-la evolución da distribución e dimensión das empresas mineiras e obter información sobre a producción no subsector da minería.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.6.6

Nome: Balance enerxético de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Obxectivo: coñecer e analiza-la distribución da producción e do consumo de enerxía en Galicia, así como das distintas transformacións desde enerxía primaria ata o seu consumo e a súa exportación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.6.7

Nome: Estructura do abastecemento e do consumo enerxético industrial de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Obxectivo: coñece-las características dos sistemas de abastecemento enerxético das industrias de Galicia así como os consumos.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.7. Estatísticas da construcción.

3.7.1

Nome: Estatística de edificación e vivenda.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñecer e anticipa-la evolución da actividade do subsector dedicado á construcción e reha

bilitación de edificios residenciais e non residenciais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.7.2

Nome: Préstamos cualificados para a compra e rehabilitación de vivendas.

Organismo responsable: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Obxectivo: coñece-lo volume e as características dos préstamos protexidos para a compra e a rehabilitación de vivendas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.8. Estatísticas de transporte.

3.8.1

Nome: Directorio de empresas de transporte.

Organismo responsable: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das empresas de transporte en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.9. Estatísticas turísticas.

3.9.1

Nome: Directorio de aloxamentos hoteleiros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos aloxamentos hoteleiros de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.2

Nome: Directorio de casas de turismo rural.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos de turismo rural en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.3

Nome: Directorio de cámpings.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos acampamentos de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.4

Nome: Directorio de axencias de viaxe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo das axencias de viaxe de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.5

Nome: Directorio de cafeterías.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos de cafeterías.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.6

Nome: Directorio de restaurantes das localidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Vigo, Baiona, Sanxenxo e O Grove.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos restaurantes situados nas citadas cidades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.7

Nome: Análise de establecementos turísticos non regulamentados (cafés, bares, tabernas, pubs, discotecas e salas de festas).

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-las características deste tipo de establecementos e os datos de emprego neles.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.8

Nome: Directorio de guías de turismo especializados.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos guías de turismo especializados de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.9

Nome: Análise estatística sobre o turismo. Enquisa en orixe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: cuantifica-lo número de turistas que recibe Galicia ó longo do ano e obter datos sobre os ingresos xerados polo turismo durante o ano.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.10

Nome: Análise estatística sobre o turismo. Enquisa en destino.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la evolución do perfil do turista que visita Galicia e determinar en números relativos a distribución do gasto e a súa evolución, así como concreta-lo gasto medio/día por turista.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.11

Nome: Enquisa continua de ocupación hoteleira.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución da ocupación nos establecementos hoteleiros.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.9.12

Nome: Estatística de ocupación no turismo rural.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución da ocupación nos establecementos de turismo rural.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.9.13

Nome: Estatística do gasto do turismo que pernocta en establecementos hoteleiros.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: avalia-lo gasto do turismo que pernocta en establecementos hoteleiros de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.9.14

Nome: Expectativas hoteleiras.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: avalia-las expectativas dentro do subsector hoteleiro.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 3.10. Estatísticas das administracións públicas.

3.10.2

Nome: Informe da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: divulga-lo estado de execución do orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.10.3

Nome: Recadación por tributos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados da recadación por tributos en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.10.4

Nome: Recadación de tributos propios e cedidos.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: recompilar datos recadatorios.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.10.5

Nome: Análise económico-financeira das corporacións locais.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: coñece-la actividade económica e financeira das entidades locais galegas mediante o estudio do marco orzamentario no que actúan, cunha metodoloxía descritiva.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.10.6

Nome: Indicadores de renda municipal.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñecer mediante indicadores a renda familiar dispoñible por municipios.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.10.7

Nome: Resultados electorais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados das consultas electorais realizadas en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4. Área de estatísticas ambientais.

4.0.1

Nome: Niveis polinímicos atmosféricos.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: medi-los niveis de pole na atmosfera.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.2

Nome: Climatoloxía ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-los datos climatolóxicos significativos de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.3

Nome: Calidade do aire.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo nivel de contaminantes na atmosfera.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.4

Nome: Actuacións de educación ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: organizar actividades de divulgación e difusión ambiental.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.5

Nome: Incendios forestais.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo número de incendios forestais en Galicia e a superficie afectada por eles, as especies arbóreas afectadas e a superficie queimada delas en cada un dos incendios forestais, a propiedade legal de cada un dos montes afectados, así como a valoración de perdas económicas, tempos e resultados das actuacións contra os incendios.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

4.0.6

Nome: Superficie forestal cuberta por especies.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: realizar un seguimento continuo da evolución da superficie forestal cuberta por especies en cada distrito.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.7

Nome: Seguimento de prezos de productos forestais.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-las fluctuacións de prezos da madeira ó longo da súa cadea de comercialización así como a formación de valor engadido no proceso.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.8

Nome: Produccións forestais e a súa industrialización.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-las produccións anuais forestais do monte galego e avalia-lo seu grao de industrialización.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.9

Nome: Directorio de montes veciñais en man común.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos montes veciñais en man común clasificados na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.10

Nome: Rexistro e licencias do medio natural.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: dispoñer de información numérica obtida dos rexistros administrativos con base nas actividades e actuacións no medio natural.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.11

Nome: Rexistro de espacios naturais protexidos.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: valora-lo nivel de protección ambiental establecido na Comunidade Autónoma galega.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.12

Nome: Protección ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo número de actuacións de protección do medio en Galicia e de aseguramento dun uso racional dos recursos naturais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.13

Nome: Residuos e solos contaminados.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo nivel de xestión integral dos residuos urbanos e industriais en Galicia, así como da recuperación de solos contaminados.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

ANEXO II

Metas instrumentais recollidas na Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e incluídas no Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Área 1. Difusión estatística.

-Elaboración e difusión de productos de síntese sobre información estatística de Galicia a través das publicacións Galicia en cifras 2001 e «Datos estatísticos básicos de Galicia 2002.

-Consolidación da difusión da información estatística do IGE en CD.

-Estructuración da web do IGE facilitándolles ós usuarios o acceso á información.

-Adquisición de fondos bibliográficos.

-Difusión das fontes documentais estatísticas de Galicia.

-Difusión das publicacións elaboradas polo IGE a través do catálogo de publicacións.

-Difusión do calendario de publicacións e de dispoñibilidade na web da información estatística do IGE.

-Xestión das notas de prensa sobre a actividade estatística do IGE.

-Publicación de artigos de contido estatístico en relación co IGE e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Área 2. Formación especializada e perfeccionamento profesional.

-Desenvolvemento de tres cursos especializados en materia estatística para o perfeccionamento profesional do persoal que desenvolva funcións estatísticas no IGE e nas consellerías.

-Desenvolvemento de dous cursos monográficos sobre algunha das actividades estatísticas, enquisas ou traballos realizados polo IGE para a formación do persoal que desenvolva funcións estatísticas nas consellerías.

-Desenvolvemento de dous cursos sobre rexistros administrativos ou actividades estatísticas relativas ó censo e padrón para a formación do persoal das corporacións locais que realiza funcións relacionadas coa estatística, ó abeiro dun convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

-Desenvolvemento dun curso teórico-práctico sobre as ferramentas estatísticas básicas de aplicación na docencia para a formación do persoal do sistema educativo (ensinantes da ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato), ó abeiro dun acordo de colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

-Desenvolvemento dun curso sobre o sistema estatístico público e as fontes estatísticas para a formación dos estudiantes do último curso de carreira, ó abeiro dun convenio coas universidades.

-Desenvolvemento de actividades de formación sobre as principais ferramentas informáticas para o tratamento da información estatística para o perfeccionamento profesional do persoal que desenvolva funcións estatísticas no IGE e nas consellerías.

-Elaboración do programa para os cursos selectivos das escalas técnica e superior de estatística.

-Realización dunha xornada ós medios de comunicación co obxecto de dar a coñece-las estatísticas elaboradas polo IGE, a súa utilización e calendario de dispoñibilidade.

-Xestión da asistencia a nivel nacional a cursos monográficos convocados pola Escola Estatística das Administracións Públicas (INE) ou polos institutos de estatística das comunidades autónomas e a xornadas ou seminarios de interese estatístico.

-Xestión da asistencia a nivel internacional a un curso TEST (Training of European Statisticions) ou algún outro convocado por Eurostat.

-Colaboración coa Universidade da Coruña no Master sobre Estatística Pública Aplicada.

-Xestión do programa de bolsas de formación na área de estatística pública.

Área 3. Investigación estatística.

-Desenvolvemento de dúas axudas á investigación consistentes no apoio técnico ou de edición, de traballos ou teses relacionadas coa estatística pública para o persoal investigador das universidades galegas.

-Realización do traballo de investigación metodolóxica e estudio das necesidades específicas de información e problemáticas concretas de elaboración das contas satélite relativas a materias como turismo, medio ambiente, educación, sanidade, deportes e outras que poidan ser de especial interese para Galicia, a través da sinatura dun convenio de colaboración técnica cunha universidade interesada.

Área 4. Normalización, homoxeneidade e comparabilidade da información.

-Elaboración dos proxectos técnicos básicos das actividades «Directorio de empresas e unidades locais» e «Enquisa continua de ocupación hoteleira».

-Homologación en prazo, cando proceda, dos resultados das actividades estatísticas incluídas nos programas estatísticos dos anos 2001 e 2002 que non sexan responsabilidade do IGE.

-Creación no sen do Consello Galego de Estatística dun grupo de traballo que afonde de novo no estudio dos requisitos que deben cumpri-las actividades estatísticas para a súa homologación polo IGE.

-Elaboración do Directorio de empresas e unidades locais. Ano 2001, o cal servirá de fonte de información nas estatísticas empresariais e nos estudios e análises económicas, proporcionando un marco de referencia para a realización de enquisas por mostraxe e elevación de datos.

-Normalización da utilización en galego da Clasificación Nacional de Ocupación (CON).

Área 5. Estructuración informática do sistema estatístico e desenvolvemento de sistemas de información.

-Elaboración dun informe, para uso interno do persoal do IGE, sobre o modelo integrado de almacenamento, tratamento e documentación da información estatística.

-Desenvolvemento como experiencia piloto dunha aplicación de conexión entre as bases de datos multidimensionais e a web mediante documentos XML, do enlace do novo «Banco de series de conxuntura».

-Elaboración dun plan de seguridade informática e das normas para a súa aplicación.

-Finalización do desenvolvemento de aplicacións no novo sistema integrado para a totalidade das áreas de datos establecidas no IGE.

Área 6. Referenciación territorial da información estatística.

-Determinación para cada unha das actividades estatísticas incluídas no Programa estatístico para o ano 2002 do nivel de desagregación territorial co que se van difundi-los resultados.

-Utilización dos sistemas de información xeográfica para determinación das superficies ocupadas polos principais cultivos e usos do solo na actividade «Avance de superficies e produccións agrarias».