Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 0326/00-4 interposto por Ana Díaz Rodríguez.

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle ó Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña o expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 0326/00-4, interposto por Ana Díaz Rodríguez contra resolución desta consellería sobre adxudicación de posto de traballo de educación musical no CEIP Joaquina Gallego Jorreto da Merca (Ourense).

En cumprimento do requirimento do xulgado que se indica, esta secretaría xeral, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a notificación para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se emprazan para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un, residenciado na cidade da Coruña, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria