Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.594

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de decembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, do ano 2001, para o exercicio de 2002.

Como consecuencia do disposto no artigo 54 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, do ano 2001, quedarán automaticamente prorrogados para o exercicio seguinte.

O alcance da prórroga foi establecido con carácter regulamentario polo Decreto 401/2001, que na súa disposición derradeira autoriza o conselleiro de Economía e Facenda para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación do establecido nel.

Facendo uso desa facultade resulta agora necesario precisa-la contía dos créditos que terán vixencia durante o período de prórroga e a estimación dos dereitos que os van financiar, determinando igualmente a súa distribución orgánica e económica.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Vixencia do período de prórroga

Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, do ano 2001, que se prorrogarán para o seguinte exercicio de conformidade co indicado no artigo 54 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 401/2001, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais, estenderán a súa vixencia desde o 1 de xaneiro do 2002 ata o momento da aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia dos orzamentos dese último exercicio.

Artigo 2º.-Previsión de ingresos e autorización de gastos nos orzamentos prorrogados

Os créditos autorizados e as previsións de ingresos que afectan os orzamentos que se prorrogan representan un importe total de 5.197.459.780 euros, desagregados na forma indicada nos artigos seguintes.

Artigo 3º.-Estados de gastos

1. Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral e dos seus orga

nismos autónomos, correspondentes ó período de prórroga, consígnanse créditos por importe de 5.197.459.780 euros, distribuídos da seguinte forma:

(Euros)

Organismo

Cap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral2.974.073.32033.665.453210.947.6403.218.686.413
Organismos autónomos1.977.847.808 925.5591.978.773.367

TOTAL4.951.921.12834.591.012210.947.6405.197.459.780

2. Na determinación dos créditos autorizados foron tidas en conta as adaptacións técnicas derivadas da aprobación do Decreto 310/2001, polo que se establece a nova estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, así como a aplicación, con carácter de a conta, dun incremento retributivo do 2% para o persoal ó servicio do sector público da Comunidade Autónoma.

Artigo 4º.-Estados de ingresos.

Nos estados de ingresos consolidados dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións que corresponden ós dereitos económicos que se prevé liquidar durante o período de prórroga, que acadan un total de 5.197.459.780 euros, distribuídos segundo o detalle seguinte:

(Euros)

Organismo

Cap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral3.007.738.773 0210.947.6403.218.686.413
Organismos autónomos1.978.148.314625.053 01.978.773.367

TOTAL4.985.887.087625.053210.947.6405.197.459.780

Artigo 5º.-Transferencias internas.

As transferencias internas entre a Administración xeral e os organismos autónomos representan 1.837.361.056 euros.

Artigo 6º.-Distribución orgánica e económica dos orzamentos prorrogados.

A distribución orgánica e económica dos orzamentos de gastos e ingresos consolidados que se prorrogan é a que se indica a continuación:

Disposición derradeira

Autorízase o director xeral de Orzamentos para dicta-las resolucións necesarias para a aplicación desta orde, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda