Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-P-68/2001 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 9 de novembro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/068.

Denunciado: Alberto González Alonso, San Pedro de Ramallosa, Nigrán.

DNI: 36067618.

Feitos denunciados: entorpece-la servidume de paso pola marxe establecida en beneficio de vixilancia ou para uso dos pescadores. Na marxe esquerda do río Groba ó lado do antigo matadoiro municipal colocaron unha columna de formigón a 50 cm do leito e un valo de troncos de madeira cunha tea de rede ó longo do río uns 20 m que entorpecen totalmente o paso. Feitos denunciados ás 10 horas do día 26 de abril de 2001, no río Groba ó seu paso por Marroco-Belesar, no concello de Baiona.

Data do acordo da incoación: 20 de xuño de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 18 de outubro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.27º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas (300,51 euros) e retira-lo poste e a rede que entorpece o paso.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.

Expediente: P-P-2001/071.

Denunciado: Santiago Villar Brandariz, Hórreo, 24, 4º A, Santiago de Compostela.

DNI: 35297126.

Feitos denunciados: pescar con cana e o cebo dentro da auga, modalidade de pluma nun tramo vedado do río Deza, ás 21,50 horas do día 5 de maio de 2001, ó seu paso por Ponte Cira, no concello de Silleda.

Data do acordo da incoación: 20 de xuño de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 18 de outubro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo I da Orde do 20-1-2000 pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia e co artigo 3 da Orde do 15-2-2001 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 20.000 pesetas (120,201 euros).

Expediente: P-P-2001/077.

Denunciado: Antonio Ruano Quesada.

DNI: 22709479.

Feitos denunciados: pescar en tramo vedado de pesca, negándose a entrega-los aparellos de pesca, ás 12.48 horas do día 6 de maio de 2001, no río Deza ó seu paso por Cira no concello de Silleda.

Data do acordo da incoación: 26 de xuño de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 18 de outubro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo II da Orde do 15-2-2001 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001 e artigo 91.19º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 65.000 pesetas (390,66 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.