Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-118/2001 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que le serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-2º bajo. Lugo.

Lugo, 15 de outubro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-118/2001.

Denunciado: Dolino Bouso Álvarez.

DNI: 34.636.918-E.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, nº 11 esqu. Foz. Lugo.

Feito denunciado: navegar cunha moto acuática (marca: Yamaha, modelo VXR-650), entorpecendo a práctica das actividades regulados na Lei de pesca fluvial e no seu regulamento. Feitos constatados o

día 5-5-2001, ás 17.45 h na ponte da Espiñeira cara a Celeiro de Mariñaos, aproximadamente uns 1.000 m polo río Masma. Ribadeo. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción.: 10.000 pesetas.