Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 23 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais para a posta en funcionamento dunha granxa mariña en Boiro (A Coruña).

Para os efectos previstos no Decreto 327/1991, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, sométese a información pública o estudio de efectos ambientais do establecemento que se describe:

-Tipo: granxa.

-Nome: Paquito, S.L.

-Actividade: engorde.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima) e robaliza (Dicentrarchus labrax).

-Localización: Esteiro. Municipio de Boiro (A Coruña).

-Solicitante: Paquito, S.L. (CIF B15055783).

O expediente, integrado polo estudio de efectos ambientais e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo, nos días e horas habituais de oficina, e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

1. Lugares de exhibición:

Servicio de Acuicultura.

Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Rúa do Valiño 63-65 baixo.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

r/ Os Feáns, 1-3.

15706 Santiago de Compostela.

3. Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente.

Edificio administrativo servicios múltiples.

Praza Luis Seoane, s/n.

15008 A Coruña.

4. Concello de Boiro.

Praza do Concello, s/n.

15931 Boiro.

Prazo para formular alegacións: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no

que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2001.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños