Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de novembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica o interesado, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 41/2001.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.c e 6.f da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 100.001 pesetas, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déaselle traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 20 de novembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 41/01.

Narciso Jiménez Jiménez.

r/ Roma, 1, escaleira A-1º C.

Polígono das Fontiñas.

Santiago de Compostela.