Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.547

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA POBRA DE TRIVES

EDICTO (67/2001).

Eu, María Lapido Alonso, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia da Pobra de Trives,

Dou fe de que nos autos de divorcio seguidos perante este xulgado baixo o número 67/2001, por instancia da procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de Mercedes Domínguez Domínguez contra Daniel Fernández Núñez, dictouse a sentencia co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Sentencia.-Na vila da Pobra de Trives, o vintecatro de outubro de dous mil un, Marcos Ramón Porcar Laynez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia da Pobra de Trives e o seu partido, tendo vistos os precedentes autos de divorcio, seguidos co número 67/2001 por instancia de Mercedes Domínguez

Domínguez representada pola procuradora Mónica Vázquez Blanco, contra Daniel Fernández Núñez en situación de rebeldía,

Decido que estimando a demanda de divorcio presentada declaro a disolución por divorcio de matrimonio contraído por Mercedes Domínguez Domínguez con Daniel Fernández Núñez, que se rexerán no ámbito persoal e patrimonial polas seguintes medidas:

1ª) Mercedes Domínguez Domínguez e Daniel Fernández Núñez poderán realizar vida independente. Todo iso con expresa declaración de condena en custas ó demandado. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndoo respecto ó demandado mediante edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se substanciará conforme a LAC 1/2000 e firme que sexa comuníquese ó encargado do Rexistro Civil onde conste o matrimonio dos litigantes. Así, por esta miña sentencia, da que se estenderá certificación nestes autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado: Marcos Porcar Laynez.

Consta publicada no mesmo día da súa data.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación en forma ó demandado rebelde, Daniel Fernández Núñez, ó que se lle fai saber que a dita resolución non é firme e que contra ela poderá preparar recurso de apelación no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ó da publicación, por medio de escrito perante este xulgado, expido e asino este edicto na Pobra de Trives o vintecatro de outubro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado