Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.548

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (298/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico.

Que neste xulgado se seguen autos nº 298/2001, por instancia de José Manuel Cerviño Loureiro contra empresa Urpoman, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia, en data 20-11-2001, que copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por José Manuel Cerviño Loureiro contra a empresa Urpoman, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 133.668 pesetas, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Urpoman, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 20 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado