Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001 pola que se acorda o sinalamento dunha poxa de bens e dereitos.

Autorizada por esta dirección xeral o alleamento en poxa pública dos bens e dereitos embargados pola zona de recadación da Coruña, no curso do procedemento de constrinximento seguido contra os debedores que se especifican en cada caso,

DISPOÑO:

Que, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona, o día 17 de xaneiro de 2002, ás 10 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña; praza de Pontevedra nº 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, teña lugar a poxa dos lotes seguintes:

Lote 1:

-Tarxeta de transportes MDP nº 05402126/1, de servicio público e ámbito nacional, correspondente ó vehículo C-6869-AL, autorizada o 1-7-1989.

-Tarxeta de transportes MDP nº 05452157/1, de servicio público e ámbito nacional, correspondente ó vehículo C-6270-AN, autorizada o 1-9-1989.

Valor: 5.800.000 pesetas (34.858,70 euros).

Cargas: non constan.

Tipo: 5.800.000 pesetas (34.858,70 euros).

Debedor: Loureiro Ponte, José Luis.

NIF: 32374822-E.

Lote 2:

Camión Pegaso modelo 1187 10, matrícula C-8624-U número de bastidor 182800780.

Valor: 300.000 pesetas (1.803,04 euros).

Cargas: non constan.

Tipo: 300.000 pesetas (1.803,04 euros).

Debedor: Loureiro Ponte, José Luis.

NIF: 32374822-E.

Este ben encóntrase depositado, para o seu exame, no lugar de Mandín nº 89, Soñeiro. Concello de Sada (A Coruña).

Lote 3:

Predio a labradío ó sitio de Vioño, denominado Cortiña, na parroquia de San Rosendo, Concello da

Coruña, de 496 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña, libro 932, folio 122, predio 63479.

Valor: 22.320.000 pesetas (134.145,90 euros).

Cargas: 3.420.802 pesetas (20.559,43 euros).

Tipo: 18.899.198 pesetas (113.586,47 euros).

Debedor: Promociones Chan, S.A.

NIF: A-15124464.

Lote 4:

Vehículo marca Toyota, modelo MR2, matrícula TF-2370-Z, número de bastidor JT1COAW11-00110902.

Valor: 275.000 pesetas (1.652,78 euros).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 275.000 pesetas (1.652,78 euros).

Debedor: Saavedra Pérez, José Luis.

NIF: 32369693-E.

Este ben encóntrase depositado, para o seu exame, no lugar de Mandín nº 89, Soñeiro, Concello de Sada (A Coruña).

Lote 5:

Metade indivisa do predio rústico de nome Prado do Raio cunha superficie de 10 áreas, 61 centiáreas sita no lugar de termos da Insua, Concello de Fisterra. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión, tomo 704, libro 77, folio 2, alta 1º, predio 8443.

Valor: 250.000 pesetas (1.502,53 euros).

Cargas: non constan.

Tipo: 250.000 pesetas (1.502,53 euros).

Debedor: Traba Estévez, Juan Ramón. NIF: 76346643-Y.

Lote 6:

Vehículo marca Renault, modelo Express 1.6D, Matrícula C-5033-BC, data de matriculación 17-10-1985.

Valor: 325.000 pesetas (1.953,29 euros).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 325.000 pesetas (1.953,29 euros).

Debedor: Anselmo José Bermúdez Montero. NIF: 32429969-S.

Este ben encóntrase depositado, para o seu exame, no lugar de Mandín nº 89, Soñeiro. Concello de Sada (A Coruña).

Lote 7:

Vehículo matrícula C-9217-AG, marca Renault 11 GTD, matriculado 24-7-1987.

Valor: 110.000 pesetas (661,11 euros).

Cargas: non constan.

Tipo: 110.000 pesetas (661,11 euros).

Debedor: Comercial Ría del Pasaje, S.L.

NIF: B-15550213.

Este ben encóntrase depositado, para o seu exame, no lugar de Mandín nº 89, Soñeiro. Concello de Sada (A Coruña).

Lote 8:

Vehículo matrícula C-4025-BY, marca Volvo, modelo 440 Turbo, data do 1ª matriculación 28-7-1989.

Valor: 312.000 pesetas (1.875,16 euros).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 312.000 pesetas (1.875,16 euros).

Debedor: Gómez López, Juan. NIF: 79320879-C.

Este ben encóntrase depositado, para o seu exame, no lugar de Mandín nº 89, Soñeiro. Concello de Sada (A Coruña).

Lote 9:

253 participacións sociais na sociedade Lema y Rey Constructores, S.L., de valor nominal 1.165 pesetas (7,00 euros) cada unha.

Valor: 294.745 pesetas (1.771,45 euros).

Cargas: non constan.

Tipo: 294.745 pesetas (1.771,45 euros).

Debedor: Lema Castro, José Manuel.

NIF: 76332852-S.

Lote 10:

Local destinado a praza de garaxe nº 22 na planta soto 1º do edificio sito na r/ Santa Marta de Arriba nº 21-23 superficie 19,8 m. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, tomo 1285, libro 300, folio 46, predio 26922.

Valor: 2.000.000 de pesetas (12.020,24 euros).

Cargas: 8.949.452 pesetas (53.787,29 euros).

Tipo: 144.857 pesetas (870,61 euros).

Debedor: Señarís y Vázquez Promotores, S.L. NIF: B-15454002.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da zona de recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bes e dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houber, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas res

ponsabilidades dos mesmos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens e dereitos, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, e deberán ir xunto cun de cheque conformado, emitido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos, do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens e dereitos nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación, ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens e dereitos sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens e dereitos se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben ou dereito que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos