Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.451

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Real Aero Club de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Real Aero Club de Vigo, con nº de código 3600022, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social, polo delegado de persoal, en data 12-9-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de outubro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta constitutiva da comisión negociadora e sinatura do convenio

Asistentes:

Pola representación empresarial:

Ricardo Ruiloba Molins.

Pola representación dos traballadores:

Carlos Orge Vidal.

En Vigom e nos locais da avenida Aeroporto, ás 16 horas do día 12 de setembro de 2001, reúnense as representacións da empresa Real Aero Club de Vigo e dos seu traballadores, a través do seu delegado de persoal, segundo relación de asistentes que figura ó inicio desta acta, co obxecto de constituí-la comisión negociadora do convenio colectivo do Real Aero Club de Vigo.

Os comparecentes recoñécense reciprocamente como válidos interlocutores e lexitimados para nego

ciar e convir, asimindo a abriga de facelo baixo os postulados da boa fe, adoptando a continuación, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro.-Queda constituída a comisión negociadora do convenio do Real Aero Club de Vigo, coa seguinte composición:

Pola empresa:

Ricardo Ruiloba Molins.

Polos traballadores:

Carlos Orge Vidal.

Segundo.-Unha vez aberta a sesión, ámbalas dúas representacións expoñen as condicións del, chegando a un acordo por ámbalas dúas representacións.

E, non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión entendendo esta acta, que lida polos asistentes, é encontrada conforme, sendo asinada por eles en proba de aceptación.

Sinatura dos integrantes de ámbalas dúas representacións.

Convenio colectivo de traballo para a empresa Real Aero Club de Vigo

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará a partir da data da súa entrada en vigor, as relacións laborais entre a empresa Real Aero Club de Vigo e os seus productores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Sen prexuízo da entrada en vigor por aprobación da autoridade laboral e publicación no BOP, os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 3º.-Duración e prórrogas.

A duración deste convenio será dun ano, contando a partir da data da súa entrada en vigor, ata o 31 de decembro de 2001. Este convenio entenderase denunciado para tódolos efectos desde o 1º de outubro de 2001, data na que as partes se comprometen a inicia-las negociacións dun novo convenio. Se no transcurso deste ano 2001, se asinase un convenio de ámbito provincial no sector de espectáculos e deportes, a partir desa data sería necesario unha nova negociación.

Condicións laborais

Artigo 4º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio desfrutará dun período anual de vacacións de trinta días naturais.

Artigo 5º.-Días non recuperables.

Os días non recuperables considéranse como horas extras, independentemente de que coincidan en des

cando semanal, debendo seren aboadas nos meses que corresponda ó 175%. Terán esta mesma consideración os días 24 e 31 de decembro.

Artigo 6º.-Horario laboral.

O horario de traballo nas distintas seccións do club estenderase, con carácter xeral, desde as 7.30 da mañá, ata as 12 da noite de luns a venres e 1.30 horas da madrugada os sábados.

Dentro destas horas desenvolverase a xornada legal de 40 horas semanais por traballadores. Para tal efecto, e con referencia a cada unha das actividades que o club desenvolve, establécese o cadro horario específico para cada unha daquelas, que se acompaña o presente convenio.

Artigo 7º.-Os traballadores que presten os seus servicios en domingo, terán dereitos a desfrutar un domingo de cada tres.

Artigo 8º.-Uniformes.

A empresa dotará o persoal con uniforme completo, incluído calzado adecuado, cada ano. Ós traballadores que realicen o seu traballo no campo, a empresa proveraos con roupa de abrigo e de auga.

Artigo 9º.-Vestiario e aseo.

A empresa poñerá ó servicio do persoal, vestiarios e aseos, dotados de armarios, duchas e demais accesorios propios deste servicios, nas instalación, de Peinador, así como no local da rúa Reconquista.

Artículo 10º.-Excedencias.

O persoal afectado polo presente convenio, que leve dous anos ó servicio efectivo da empresa, terá dereito a solicitar excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes, nin superior a cinco anos, estando abrigada a empresa ó reingreso do excedente que o solicite, alomenos cun mes de antelación da terminación do tempo de excedencia, e non poderá volver á situación de excedencia voluntaria ata transcorridos dous anos da terminación da excedencia.

Ben entendido que a obrigatoriedade por conta da empresa de reincorporar ó excedente é inescusable, contratando para estes supostos unha persoa que substitúa o excedente cun contrato da mesma duración da excedencia.

Artigo 11º.-Licencias.

O personal terá detá dereito a que se lle conceda permiso, con percepción dos salarios correspondentes, nos seguintes casos polo tempo que se expresa:

1. Catro días por falecemento do cónxuxe, pais, fillos e pais dos cónxuxe.

2. Dous días por falecemento de irmáns, irmáns políticos, netos e avós.

3. Un día por voda de fillos ou irmáns.

4. Catro días por parto de esposa.

5. Vinte días por voda do interesado.

6. Dous días por enfermidade grave, internamento hospitalario ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguiniedade ou afinidade. En desprazamentos fóra da provincia, dous días máis.

Artigo 12º.-Revisión médica.

A empresa efectuará ós seus traballadores unha revisión médica cada ano, sempre e cando esta veña solicitada a través do delegado de persoal.

Artigo 13º.-Comedores.

A empresa porá a disposición do persoal que teña que comer no centro de traballo un local adecuado.

Condicións económicas

Artigo 14º.-Retribucións.

Na táboa salarial anexa sinálanse as retribucións correspondentes a cada categoría do persoal. As ditas retribucións serán considerada como base de cálculo para tódolos efectos.

Artigo 15º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por ano de servicio, consistirán en trienios do 10% para o primeiro e do 6% para o segundo, ata un máximo do 60%. O tanto por cento calcúlase sobre o salario base, sempre dentro dos límites que marca a lei.

Artigo 16º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio recibirá anualmente tres pagas extraordinarias, polo importe dunha mensualidade, que serán efectivas nos días 31 de marzo, 17 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 17º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de enfermidade ou accidente que produza internamento en centro asistencial, a empresa aboaralles ós traballadores afectados unha cantidade que engadida ás prestacións que aboa a Seguridade Social, complete o 100% do seu salario real, por incapacidade temporal. Tamén se aboará o dito 100% nos casos de accidente laboral producido dentro do centro de traballo, a partir do 5º día de baixa.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade polos traballos realizados despois das 22 horas, con exclusión dos correspondentes ós serenos, nunha cantidade de 7.408/8.747 pesetas mensuais, facendo constar en nómina dos traballadores afectados por aquela circunstancia. Este complemento incrementarase cada ano con tanto por cento acordado na táboa salarial.

Artigo 19º.-Mantenza.

A empresa aboará por este concepto 28.979 pesetas mensuais. Esta cantidade incrementarase anual

mente na mesma porcentaxe en que se incrementa a táboa salarial.

Artigo 20º.-Bolsas.

A empresa establece para axuda dos estudios dos fillos dos productores dúas bolsas anuais por un importe de 35.000 pesetas cada unha. Para tal efecto, durante o mes de agosto de cada ano, os productores interesados presentarán documentación de méritos escolares do beneficiario, para quen se solicita indefectiblemente as notas obtidas no curso anterior. Para poder beneficiarse delas, as notas terán que alcanzar un nivel mínimo de aprobado.

Artigo 21º.-Premio de xubilación.

Chegada a idade de xubilación e no momento en que o traballador cese na empresa, percibirá un premio equivalente ó importe de dúas mensualidades que o seu último salario en activo, no caso de que levara a servicio efectivo dela máis de cinco anos e menos de dez. Este premio elevarase á cifra de tres mensualidades no suposto de que os anos ós servicio efectivo dela fosen de 10.

Se o traballador falecese antes da súa xubilación, cumprindo calquera dos dous prazos de servicio efectivo na empresa que sinal o parágrafo anterior, a indemnización será percibida polo seu cónxuxe, ou no seu defecto polos fillos ou os ascendentes maiores de 70 anos. Nestes casos os importes de indenización serán de tres mensualidades, se o servicio efectivo do traballador na empresa estivese comprendido entre os 5 e os 10 anos; de 6 mensualidades entre os 10 e os 15 anos; de 9 mensualidades entre os 15 e 20 anos e 12 mensualidades de 20 en adiante.

Artigo 22º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte para o persoal de campo nunha contía de 5.794 pesetas. que se aboarán mensualmente don doce meses do ano. Este concepto incrementarase anualmente na mesma porcentaxe en que se incremente a táboa salarial.

Artigo 23º.-Bolsa de Nadal.

Os traballadores percibirán da empresa a bolsa de Nadal en decembro.

Disposicións derradeiras

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó que dispón a Regulamentación de traballo para os locais de espectáculo e deportes, e ademais de xeral aplicación.

Artigo 25º.-Con idéntico termo de vixencia do convenio, queda constituída unha comisión paritaria co cometido específico de coñecer e pronunciarse sobre cantas cuestións de interpretación sobre o estipulado nel lle sexan formalmente sometidas. A comisión estará composta por dous membros, dos cales cada unha das partes designará un. Os ditos membros designados por cada parte deberán ter pertencido á comisión negociadora do convenio.

Os pronunciamentos da comisión non privarán do dereito ó uso das vías administrativas ou xurisdiccionais.

Artigo 26º.-O presente convenio está asinado polo delegado de persoal e polo secretario.

Polo delegado de persoal.

Pola empresa.

Táboa salarial 2001

Incremento 4 %.

Instructor de voo: 134.059 pesetas.

Oficial de 3.A: 100.865 pesetas.

Persoal administrativo.

Xerente: 129.306 pesetas.

Oficial 1º administrativo: 110.867 pesetas.

Aux. administrativo: 97.017 pesetas.

Persoal campo.

Xardineiro xefe: 103.305 pesetas.

Xardineiro: 97.017 pesetas.

Peón: 97.017 pesetas.

Persoal subalterno.

Conserxe: 100.864 pesetas.

Sereno: 97.017 pesetas.

Persoal limpeza: 97.017 pesetas.

Master caddy: 97.017 pesetas.

Persoal bar.

Cociñero: 97.017 pesetas.

Camareiro: 97.017 pesetas.

Complemento transporte: 5.574 pesetas.

Polo delegado de persoal.

Pola empresa.

Cadro horario

Sección camareiros reconquista

Días laborables: de 16 h a 23 horas.

Sábados: de 16 h a 24 horas.

Os descansos son alternos.

Sección conserxería.

De 16 h da tarde ás 23 h da noite.

Sección limpeza.

Local reconquista: de 8 h a 12 h e de 17 h a 20 h.

Peinador: de 9 h a 12.30 h e de 15 h ás 18.30 h.

Sección xardinería.

De 8.30 h a 12.30 h e de 14 h a 18 h da tarde.

Seccion hangar.

Verán: de 9.30 h a 13.30 h e de 16 h a 20 h da tarde.

Inverno: de 9.30 h a 13.30 h e de 15 h a 19 h da tarde.

Sección oficina.

Inverno: de 9 h da mañá a 17 h da tarde.

Verán: de 9 h da mañá a 19 h da tarde.

Sereno.

De 22 h da noite a 7 h da mañá.

Master caddy.

De 8 h da mañá a 22 h da tarde.

Persoal bar peinador.

Inverno: de 10 h da mañá a 21 h da tarde.

Verán: de 10 h da mañá a 22 h da tarde.

Polo delegado de persoal.

Pola empresa.