Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas categorías 2 e 6 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.4.1 e I.4.2 da Orde do 30 de xullo de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 160, do 20 de agosto), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la lista de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso nas categorías

2 e 6 correspondentes ó grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Segundo.-A relación de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos que para cada categoría se recollen na base I.2 da devandita orde de convocatoria, e todo iso en relación coa base V desta.

Para solicitar información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-Publica-la relación de excluídos nas distintas categorías, con referencia á/s causa/s de exclusión; tal relación figura como anexo I a esta resolución.

De conformidade co disposto na base I.4.2, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emendar, se é o caso, o/s defecto/s que motivaron a súa exclusión.

Os aspirantes que non figuren nin admitidos nin excluídos disporán do mesmo prazo para realizaren a correspondente reclamación.

Cuarto.-Os aspirantes excluídos pola quenda de promoción interna que non emenden a/s causa/s de exclusión incluiranse, se reúnen os requisitos, na quenda de acceso libre, agás que manifesten o contrario no prazo ó que se refire o punto terceiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Acceso libre-grupo I-categoría 002 (titulado/a superior médico/a).

APELIDOS E NOMEDNIQUENDA DISCAPACITADOSGALEGOEXCLUSION

ALBO LOPEZ, CARMEN36056780NONEXENTO53

CANCELA NIETO, Mª GUMERSINDA79311109NON21

GONZALEZ GONZALEZ, Mª PILAR34250207NON53

MENDEZ BESADA, Mª CONSUELO35259398NON21

PITA SANCHEZ, LUCIANO32639620NONEXENTO21

Promoción interna-grupo I-categoría 006 (titulado/a superior psicólogo/a).

APELIDOS E NOMEDNIQUENDA DISCAPACITADOSGALEGOEXCLUSION

FERNANDEZ FERREIRO, LORENZO33800540NONEXENTO17

Acceso libre-grupo I-categoría 006 (titulado/a superior psicólogo/a).

APELIDOS E NOMEDNIQUENDA DISCAPACITADOSGALEGOEXCLUSION

CARBALLIDO SALGADO, JORGE JUAN32649500NON12

CRESPO DIAZ, FERNANDO32423453NONEXENTO53

APELIDOS E NOMEDNIQUENDA DISCAPACITADOSGALEGOEXCLUSION

DAVILA GARCIA, ANTONIA33253878NON53

DIEGUEZ TEIJEIRO, EMMA33336767NON53

FRAILE DOMINGUEZ, Mª CARMEN07869883NON12

GALLEGO BLANCO, MARIA44806900NON53

PEREZ OTERO, MANUELA35286732NON21

RUA RODRIGUEZ, Mª JESUS35301391NON21

SANCHEZ LABANDEIRA, ENMA Mª33251650NON20

SANTIAGO ALFARO, CANDELA05195959NON20,53

VEIGA RODEIRO, SERGIO44806176NON13

Causas de exclusión do proceso selectivo de persoal laboral.

10. Solicitude fóra de prazo.

11. Non posúe a nacionalidade esixida na convocatoria.

12. Non declara que posúe a titulación esixida na convocatoria.

13. Solicitude sen asinar.

14. Non reúne o requisito da titulación esixida na convocatoria.

15. Documentación sen cotexar.

16. Falta certificado de compatibilidade coas funcións da categoría á que opta.

17. Non te-lo tempo esixido na convocatoria.

18. Non ser persoal laboral fixo.

20. Non aboou as taxas.

21. O importe das taxas é inferior ó esixido na convocatoria.

53. Non presenta o DNI.

54. Non posúe a idade esixida na convocatoria.