Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.455

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Vacantes na Administración de xustiza postos de traballo dos corpos nacionais de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza dotados orzamentariamente, cómpre a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñen convocar concurso para a provisión dos postos

que se relacionan no anexo I segundo as seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte neste concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes ós devanditos corpos, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non rematasen o período de suspensión, sempre que reúnan as condicións para concursar conforme o establecido no artigo 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

2. Poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As devanditas vacantes identificaranse polo número de orde de convocatoria. Coa soa solicitude dun posto de traballo dun órgano xudicial incluído no anexo I enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano.

3. Tamén se poderán solicita-los postos que queden vacantes nas relacións de postos de traballo da Administración de xustiza como consecuencia da resolución deste concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, salvo que se pretendan amortizar ante proxecto avanzado ou en trámite de negociación de modificación do cadro de persoal orgánico ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, respectándose a porcentaxe máxima de desviación por dotacións totais e corpos do cinco por cento do cadro de persoal.

Os postos de traballo teñen que identificarse polo número de orde de convocatoria. Coa soa solicitude dun posto de traballo dun órgano xudicial enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano. Cando se desexe solicitar un posto de traballo a resultas, que xa estea incluído no anexo I como vacante, bastará con que este apareza xunto cun asterisco, para que se entenda solicitado como vacante e como resulta na orde de preferencia indicada.

Co fin de que os posibles solicitantes poidan exerce-lo dereito que se lles recoñece de solicita-las resultas producidas pola resolución do concurso, desde a data de publicación desta resolución e durante o período de presentación de solicitudes, exporase nos taboleiros de anuncios da Dirección

Xeral de Xustiza e na Xerencia Territorial desta Comunidade Autónoma, así como no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e nas audiencias provinciais, a seguinte documentación que permita identificar e solicitar adecuadamente os postos:

-Relación de postos de traballo da Administración de xustiza da mesma natureza que os convocados que poidan solicitarse con indicación do número de orde dos postos en cuestión.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza só poderán participar se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un ano desde a toma de posesión no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57 c) do Real decreto 249/1996), coa excepción prevista no artigo 52 c) do Regulamento orgánico.

2. Os funcionarios en servicio activo con adscrición provisional estarán obrigados a participar neste concurso.

No caso de que non obtivesen destino en concurso, atribuiráselle-lo desempeño provisional dun posto correspondente ó seu corpo na mesma localidade.

3. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996 (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorresen dous anos, como mínimo, desde que fosen declarados nesa situación.

4. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos, ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996, só poderán concursar se transcorreu un ano desde a toma de posesión do último destino definitivo.

5. Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34 a) do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, gozarán, por esta orde, a primeira vez que se anuncie a concurso vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu o seu cesamento no servicio activo, de dereito preferente para ocupala (artigo 44.3º do Regulamento orgánico).

6. Regulación do dereito de preferencia establecido no artigo 44.3º) do Regulamento orgánico. Dado que a preferencia estende os seus efectos a tódalas prazas dunha localidade determinada, para exercer este dereito solicitarán tódalas vacantes que se oferten na localidade para a que se exerce a preferencia, e agrupar estas peticións nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, ordenando o resto dos postos pedidos sen preferencia, a continuación. Igualmente, deberán solicitalo na súa instancia espe

cificando a provincia ou municipio do último destino servido en propiedade e de forma definitiva, achegando fotocopias compulsadas dos documentos acreditativos da dita preferencia.

Non se terá en conta a preferencia se non se solicitan tódalas vacantes da localidade de que se trate, se non se especifica tal circunstancia no epígrafe correspondente da instancia, ou non achega os documentos aludidos no parágrafo anterior.

7. Non se lles poderá adxudicar ós funcionarios un posto de traballo correspondente ó mesmo centro onde se atopen destinados, coa excepción prevista no artigo 52 c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febrero, ó regula-la reordenación de efectivos.

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valora-la antigüidade e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas; débenselle xuntar á solicitude fotocopias compulsadas dos coñecementos de linguas oficiais propias das comunidades autónomas e non se valorarán estes de non achegalos debidamente compulsados.

1. Antigüidade. Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os meses como de 30 días). Estes servicios computaranse ata o día de remate do prazo de presentación de instancias.

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma. Nas prazas da Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito desta lingua, debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma ou homologación do título achegado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do Regulamento orgánico aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, na forma seguinte:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: dous puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

Os devanditos cursos non terán carácter acumulativo.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza correspondentes a Galicia, así como os

que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo, que teñen reservado o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II desta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia; edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de postos de traballo doutros corpos da Administración de xustiza ou doutras administracións, que se atopen en excedencia do artigo 34 letra a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia; edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar neste concurso, como os excedentes forzosos aínda que tiveren un destino provisional, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo, os participantes con destino provisional por ter reingresado no servicio activo, así como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia; edificio

administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario. Neste caso deberá ter entrada no rexistro xeral do ministerio de xustiza, xerencias territoriais ou rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia (edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado. Neste suposto presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para ser datadas e seladas polo funcionario de correos antes de ser remitidas. Os participantes no concurso deberán envia-la instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidese acreditar tal extremo.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadiran á súa solicitude declaración de non ter sido separados de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que se soliciten prazas fóra do territorio desta Comunidade Autónoma e que, polo tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta se realicen e se publiquen nos boletíns oficiais doutras comunidades autónomas con competencias transferidas ou polo Ministerio de Justicia.

Do mesmo modo, mediante unha única instancia deberán optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo, ou reingresar ó servicio activo noutro corpo do que formen parte como excedentes.

Ó resultar irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario, no caso de obter destino, o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo, polo que o seu destino actual se ofrecerá como praza vacante.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

8. Ós excedentes forzosos adscritos provisionalmente, que non participen neste concurso, adxudicaráselles con carácter definitivo un posto de traballo no mesmo municipio, provincia ou Comunidade Autónoma da veciñanza do funcionario.

Quinta.-Peticións condicionadas.

No caso de estar interesados nas vacantes que se anuncian para un mesmo municipio, partido xudicial ou provincia dos funcionarios pertencentes ós corpos de oficiais, auxiliares e axentes, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obte

ñan destino na mesma provincia, entendéndose no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia, e engadir fotocopia da petición do outro funcionario.

No caso de que non se engadise a fotocopia da instancia do segundo concursante, entenderase anulada a petición condicionada efectuada por ámbolos dous.

Os funcionarios que se acollan a esta base deberán agrupa-los postos que condicionan nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, poñendo o resto dos non condicionados a continuación.

Sexta.-Tramitación.

O Servcio de Xerencia de Xustiza desta Comunidade Autónoma efectuará a gravación no proceso informático.

Finalizado o dito proceso, efectuarase a baremación con base nos datos que figuran na solicitude.

No Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado anunciaranse os lugares onde estarán á disposición dos interesados os anexos III de tódolos participantes, que conterán a baremación e o destino provisionalmente adxudicado.

Os funcionarios interesados expresarán, no prazo de dez días naturais, a súa desconformidade cos datos que constan no anexo III, solicitando a súa corrección, para o que deberán achegar no dito prazo a proba documental oportuna e fotocopia selada da instancia que presentaron no seu día, todo iso de acordo co establecido no artigo 71.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o modelo de alegacións que figura no anexo IV. De non reclamar no prazo establecido, entenderase que mostra a súa conformidade e aceptación cos datos contidos, coa súa baremación e o destino provisionalmente adxudicado.

Ó tratarse dun concurso a resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir modificacións na resolución definitiva como consecuencia dos erros que se poidan producir na baremación das instancias. En calquera caso, os destinos asignados provisionalmente non supoñen dereito ou a expectativa de dereito respecto á resolución definitiva do concurso.

Sétima.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, acudirase para dirimilo á orde escalafonal do funcionario.

Oitava.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Novena.-Resolución e prazo de toma de posesión.

1. Esta convocatoria resolverase por resolución da directora xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, de xeito que se publiquen simultaneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, da Xerencia Territorial de Xustiza da Comunidade Autónoma, así como do Tribunal Superior de Xustiza e audiencias provinciais.

2. A resolución expresará o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo, e o posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e localidade.

3. As resolucións do concurso poderán separarse por corpos, co fin de que os cesamentos dos funcionarios concursantes, oficiais, auxiliares e axentes poidan ser graduais no tempo, se a Administración considera que a súa acumulación nunha mesma data puidese ser prexudicial para o servicio público.

4. O prazo para a tomar posesión do novo destino obtido será de dez días naturais, se hai cambio de localidade, pero cando teña lugar dentro da mesma poboación deberá efectuarse nos tres días naturais seguintes ó do cesamento.

5. O prazo para a toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento.

6. Se a resolución comporta reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que os funcionarios reingresados por medio deste concurso se atopasen en activo noutro corpo e non desexesen que se lles interrompese a súa relación coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar do presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse a Canarias, Illes Balears ou Ceuta e Melilla, no que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g do Regulamento orgánico) tendo o cesamento no seu anterior destino con data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

7. Se non se lograse a simultaneidade de publicación da resolución co Diario Oficial de Galicia, os prazos comezarán desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

8. O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que estean desfrutando os funcionarios, a non ser que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o desfrute deles.

Décima.-Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

ANEXO I

OFICIAIS

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Nº ORDE DE

CONVOCATORIA

VACANTES

IDIOMA

TSXG-SALA SOCIAL

A CORUÑA

5941SI

AUDIENCIA PROVINCIAL-SECC. 3ª

A CORUÑA

5951SI

1ª INSTANCIA Nº 7

A CORUÑA

5961SI

XDO. INSTRUCCIÓN Nº 2

A CORUÑA

5971SI

XDO. SOCIAL Nº 3

A CORUÑA

5981SI

1ª INST. E INSTR. Nº 3

SANTIAGO DE COMPOSTELA

6081SI

1ª INST. E INSTR. Nº 4

SANTIAGO DE COMPOSTELA

6091SI

XDO. SOCIAL Nº 2

SANTIAGO DE COMPOSTELA

6101SI

1ª INST. E INSTR. Nº 3

BETANZOS (A CORUÑA)

5991SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

CARBALLO (A CORUÑA)

6002SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

FERROL (A CORUÑA)

6011SI

1ª INST. E INSTR. Nº 6

FERROL (A CORUÑA)

6021SI

XDO. PENAL

FERROL (A CORUÑA)

6031SI

XDO. SOCIAL Nº 1

FERROL (A CORUÑA)

6041SI

1ª INST. E INSTR.

PADRÓN (A CORUÑA)

6052SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

RIBEIRA (A CORUÑA)

6061SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

RIBEIRA (A CORUÑA)

6071SI

XDO. DE PAZ-VAL DO DUBRA

(A CORUÑA)

6111SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

6121SI

1ª INST. E INSTR. Nº 4

OURENSE

6131SI

1ª INST. E INSTR.

O BARCO DE VALDEORRAS (OURENSE)

6141SI

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Nº ORDE DE

CONVOCATORIA

VACANTES

IDIOMA

1ª INST. E INSTR. Nº 2

O CARBALLIÑO (OURENSE)

6151SI

1ª INST. E INSTR.

CELANOVA (OURENSE)

6162SI

1ª INST. E INSTR.

A POBRA DE TRIBES (OURENSE)

6171SI

DEC.-S.C.N.E.

PONTEVEDRA

6194SI

1ª INST. E INSTR. Nº 4

PONTEVEDRA

6181SI

DEC.-S.C.N.E.

VIGO (PONTEVEDRA)

6331SI

1ª INSTANCIA Nº 4

VIGO (PONTEVEDRA)

6341SI

XDO. INSTRUCCIÓN Nº 3

VIGO (PONTEVEDRA)

6351SI

XDO. PENAL Nº 3

VIGO (PONTEVEDRA)

6361SI

XDO. SOCIAL Nº 5

VIGO (PONTEVEDRA)

6371SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

CALDAS DE REIS (PONTEVEDRA)

6202SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

CAMBADOS (PONTEVEDRA)

6212SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

CANGAS (PONTEVEDRA)

6221SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

LALÍN (PONTEVEDRA)

6241SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

MARÍN (PONTEVEDRA)

6251SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

O PORRIÑO (PONTEVEDRA)

6261SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

O PORRIÑO (PONTEVEDRA)

6271SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

PONTEAREAS (PONTEVEDRA)

6281SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

REDONDELA

6291SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

REDONDELA

6301SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

TUI (PONTEVEDRA)

6311SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

TUI (PONTEVEDRA)

6321SI

1ª INST. E INSTR. Nº 3

VILAGARCÍA DE AROUSA (PONTEVEDRA)

6381SI

XDO. DE PAZ-O GROVE

(PONTEVEDRA)

6231SI

AUXILIARES

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Nº ORDE DE

CONVOCATORIA

VACANTES

IDIOMA

TSXG-SECRET. GOBERNO

A CORUÑA

17071SI

AUDIENCIA PROVINCIAL-SECC. 1ª

A CORUÑA

17081SI

AUDIENCIA PROV.-SECC. 3ª

A CORUÑA

17091SI

FISCALÍA

A CORUÑA

17106SI

RXTO. CIVIL ÚNICO

A CORUÑA

17111SI

XDO. PENAL Nº 3

A CORUÑA

17121SI

XDO. SOCIAL Nº 1

A CORUÑA

17131SI

XDO. VIXILANCIA PENITENCIARIA

A CORUÑA

17141SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

SANTIAGO DE COMPOSTELA

17191SI

1ª INST. E INSTR. Nº 4

SANTIAGO DE COMPOSTELA

17201SI

XDO. PENAL Nº 1

SANTIAGO DE COMPOSTELA

17212SI

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Nº ORDE DE

CONVOCATORIA

VACANTES

IDIOMA

XDO. PENAL Nº 2

SANTIAGO DE COMPOSTELA

17221SI

XDO. SOCIAL Nº 1

SANTIAGO DE COMPOSTELA

17232SI

XDO. SOCIAL Nº 2

SANTIAGO DE COMPOSTELA

17241SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

BETANZOS (A CORUÑA)

17151SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

CARBALLO (A CORUÑA)

17161SI

1ª INST. E INSTR.

PADRÓN (A CORUÑA)

17182SI

XDO. PENAL

FERROL

17172SI

FISCALÍA

LUGO

17251SI

DEC.-S.C.N.E.

LUGO

17271SI

1ª INST. E INSTR. Nº 5

LUGO

17261SI

XDO. SOCIAL Nº 1

LUGO

17281SI

1ª INST. E INSTR.

A FONSAGRADA (LUGO)

17292SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

MONDOÑEDO (LUGO)

17301SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

MONDOÑEDO (LUGO)

17311SI

ADSCRICIÓN FISCALÍA

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

17321SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

17331SI

AUDIENCIA PROVINCIAL-SECC. 1ª

OURENSE

17341SI

AUDIENCIA PROVINCIAL-SECC. 2ª

OURENSE

17352SI

FISCALÍA

OURENSE

17361SI

1ª INST. E INSTR. Nº 5

OURENSE

17371SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

O CARBALLIÑO (OURENSE)

17381SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

VERÍN (OURENSE)

17401SI

1ª INST. E INSTR.

XINZO DE LIMIA (OURENSE)

17391SI

AUDIENCIA PROVINCIAL-SECC. 1ª

PONTEVEDRA

17411SI

FISCALÍA

PONTEVEDRA

17422SI

DEC. CLÍNICA MÉDICO FORENSE

PONTEVEDRA

17431SI

DEC.-S.C.N.E.

PONTEVEDRA

17442SI

XDO. PENAL Nº 1

PONTEVEDRA

17451SI

ADSCRICIÓN FISCALÍA

VIGO (PONTEVEDRA)

17481SI

DECANATO

VIGO (PONTEVEDRA)

17491SI

XDO. INSTRUCCIÓN Nº 1

VIGO (PONTEVEDRA)

17502SI

XDO. INSTRUCCIÓN Nº 3

VIGO (PONTEVEDRA)

17513SI

XDO. PENAL Nº 1

VIGO

17521SI

ADSCRICIÓN FISCALÍA

CAMBADOS (PONTEVEDRA)

17461SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

CANGAS (PONTEVEDRA)

17471SI

1ª INST. E INSTR. Nº 3

VILAGARCÍA DE AROUSA (PONTEVEDRA)

17532SI

AXENTES

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Nº ORDE DE

CONVOCATORIA

VACANTES

IDIOMA

TSXG-SALA SOCIAL

A CORUÑA

28921SI

XDO. CONT.-ADTVO. Nº 3

A CORUÑA

28931SI

XDO. PENAL Nº 3

A CORUÑA

28941SI

XDO. SOCIAL Nº 3

A CORUÑA

28951SI

DECANATO

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29081SI

DEC.- S.C.N.E.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29091SI

1ª INST. E INSTR. Nº 3

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29061SI

1ª INST. E INSTR. Nº 4

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29071SI

XDO. PENAL Nº 1

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29101SI

XDO. PENAL Nº 2

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29111SI

XDO. SOCIAL Nº 1

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29121SI

XDO. SOCIAL Nº 2

SANTIAGO DE COMPOSTELA

29131SI

DECANATO

BETANZOS (A CORUÑA)

28971SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

CORCUBIÓN (A CORUÑA)

28991SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

CORCUBIÓN (A CORUÑA)

29001SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

FERROL (A CORUÑA)

29011SI

XDO. PENAL

FERROL (A CORUÑA)

29021SI

1ª INST. E INSTR.

ORDES (A CORUÑA)

29031SI

1ª INST. E INSTR.

PADRÓN (A CORUÑA)

29041SI

XDO. DE PAZ-ARTEIXO

A CORUÑA

28961SI

XDO. DE PAZ-BOIRO

A CORUÑA

28981SI

XDO. DE PAZ-PONTEDEUME

A CORUÑA

29051SI

XDO. DE PAZ-ZAS

A CORUÑA

29141SI

FISCALÍA

LUGO

29151SI

1ª INST. E INSTR. Nº 4

LUGO

29161SI

1ª INST. E INSTR. Nº 6

LUGO

29171SI

XDO. DE PAZ-GUITIRIZ

LUGO

29181SI

FISCALÍA

OURENSE

29191SI

1ª INST. E INSTR.

O BARCO DE VALDEORRAS (OURENSE)

29201SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

O CARBALLIÑO (OURENSE)

29211SI

AUDIENCIA PROVINCIAL-SECC. 2ª

PONTEVEDRA

29221SI

FISCALÍA

PONTEVEDRA

29231SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

PONTEVEDRA

29241SI

1ª INST. E INSTR. Nº 6

PONTEVEDRA

29251SI

1ª INST. E INSTR. Nº 2

CANGAS (PONTEVEDRA)

29261SI

1ª INST. E INSTR. Nº 1

MARÍN (PONTEVEDRA)

29281SI

1ª INST. E INSTR. Nº 3

VILAGARCÍA DE AROUSA

29291SI

XDO. DE PAZ-A CAÑIZA

(PONTEVEDRA)

29271SI