Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pescanova Alimentación, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Pescanova Alimentación, S.A., con nº de código 3602682, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 4-7-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de outubro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Alimentación, S.A. e os seus traballadores adscritos ó centro de traballo de oficinas centrais, situado en Chapela-Redondela. Queda exceptuado o persoal embarcado e o adscrito á flota.

Os traballadores das delegacións da rede comercial de Pescanova Alimentación, S.A. están exceptuados do ámbito de aplicación deste convenio, agás no disposto no artigo 28º sobre xubilación e 29º sobre indemnizacións en caso de morte ou invalidez permanente por causa de accidente.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo comprende a todo o persoal de cadro de persoal nas súas distintas

categorías profesionais existente no momento da sinatura, no centro de traballo aludido no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de persoal. Queda incorporado ó ámbito deste convenio o novo servicio de televenda, situado no centro de traballo de Chapela-Redondela.

Están excluídos da aplicación deste convenio colectivo os traballadores adscritos ás delegacións e axencias da rede comercial de Pescanova Alimentación, S.A., distribuídas por todo o territorio nacional, agás o disposto no 2º parágrafo do artigo anterior. Exclúese tamén a tódolos traballadores incorporados a calquera das flotas de Pescanova, S.A. ou ó seu grupo de empresas, en todo caso.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001 e cun período de vixencia ata o 31 de decembro do mesmo ano, e será denunciado por escrito polo menos cun mes de antelación á data do seu vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan.

As partes asinantes deste convenio foron, pola parte empresarial, Fernando Ilarri Junquera e Marina Vázquez Álvarez e pola parte social, os membros do comité de empresa abaixo asinantes.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará aquelas melloras que puidesen ser establecidas polas disposicións legais vixentes en cada momento.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Respectaranse as condicións acordadas en contrato individual entre empresa e traballador, vixentes á entrada en vigor do convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: o presidente do comité de empresa, secretario do comité de empresa e un representante de cada un dos sindicatos.

Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

En caso de que existan discrepancias entre as partes e non logre chegarse a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos

da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobase ou modificase alguna das súas cláusulas, as partes deberán reunirse para revisa-lo convenio.

Organización do traballo

Artigo 8º.-Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, é facultade da dirección da empresa e por delegación dos seus mandos ou representantes legais.

Todo iso sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan ós representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se é o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicaráselle ó comité de empresa o plan de formación.

Artigo 9º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio da empresa, incluído no ámbito de aplicación deste convenio, queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais:

I. Persoal técnico.

II. Persoal administrativo.

III. Persoal obreiro e actividades auxiliares.

Artigo 10º.-Definición de grupos profesionais.

Técnicos: clasifícase neste grupo quen realice traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia ou práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo, pola súa banda, clasifícase nos seguintes subgrupos:

1. Técnicos con título superior.

2. Técnicos con título non superior.

3. Técnicos non titulados.

Administrativos: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior.

Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánico e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno.

Artigo 11º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 12º.-Contratos formativos.

A empresa poderá contratar traballadores en prácticas e para a formación, de acordo coas disposicións legais vixentes.

O salario será o 100% do salario base do convenio, o primeiro ano, e o 120% do salario base o segundo ano.

Artigo 13º.-Vacantes e postos de nova creación.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Non se entenderá como posto de nova creación as contratacións temporais que teñan unha duración prevista que sexa inferior a un ano, sen prexuízo da entrega da copia básica do contrato, tal como dispón o artigo 8.3º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 14º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vaia realizar, consonte a seguinte escala:

Técnicos titulados: seis meses.

Titulados grao sup., contr. prácticas: dous meses.

Titulados grao med., contr. prácticas: un mes.

Contratos de aprendizaxe: un mes.

Resto de persoal: un mes.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador como a empresa poderán desistir da proba ou proceder á rescisión do contrato, sen previo aviso nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período cando o traballador desempeñase as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador desfrutará, durante o período de proba, da retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se clasificase. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 15º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal, a capacidade física ou intelectual do cal diminuíse por idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación, en destinos adecuados ás súas condicións reais en caso de que existan estes postos. Igual criterio se seguirá con quen se encontre na situación de invalidez parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 16º.-Postos ou áreas de traballo.

Enténdese por postos ou áreas de traballo o conxunto de funcións, deberes, atribucións e responsabilidades, asignadas a un ou a máis traballadores. Os postos de traballo forman a unidade básica organizativa de cada centro de traballo. Cada posto clasificarase no grupo profesional que proceda.

Artigo 17º.-Execución do traballo.

Cada traballador deberá desempeñar basicamente as funcións propias do seu posto de traballo.

Non obstante, se as ditas funcións non ocupasen plenamente a súa xornada laboral, os traballadores realizarán os traballos que se lles asignen, sempre de acordo coa súa experiencia, formación e clasificación profesional.

É deber básico do traballador cumprir coas obrigas completas do seu traballo, de conformidade coas regras de boa fe e dilixencia, así como observa-las medidas de seguridade e hixiene e os procedementos de calidade que se adopten.

Artigo 18º.-Mobilidade funcional.

Regularase polo disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Incorporación a outras empresas do grupo.

Os traballadores da empresa Pescanova Alimentación, S.A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas, cando existan razóns organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de domicilio, e se efectúe dentro da área de influencia de Vigo.

A decisión de incorporación á nova empresa deberáselles comunicar ós afectados e ó comité de empresa cunha antelación de 30 días naturais, salvo acordo noutro sentido.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro de persoal da empresa do seu novo destino conservando a súa categoría profesional, antigüidade e salario anual, que se respectará desde o seu ingreso en Pescanova Alimentación, S.A., a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a empresa terá que o compensar por iso.

Artigo 20º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 21º.-Xornada anual e horario.

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Exceptúase o persoal adscrito

ó departamento de televenda, o cal manterá a xornada actual que, sen prexuízo do cómputo que resulte do calendario anual, non poderá exceder de 1.825 horas ó ano de traballo efectivo. Para estes efectos, non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada para o persoal de televenda desenvolverase nos horarios seguintes:

Xestión de pedidos de grandes contas:

Horario de inverno e verán: de 9.30 a 13.30 horas e de 14 a 18 horas, de luns a venres.

Xestión de rutas telefónicas:

Horario de inverno e verán: de 9 a 14.30 horas e de 16.30 a 19 horas de luns a venres.

A xornada e horarios establecidos para este servicio, afectarán o persoal adscrito a el actualmente así como ó de nova incorporación. Para o persoal que posteriormente se asigne ó servicio (a partir do 1-11-1998), procedente doutro departamento, establécese un complemento salarial de 30.000 pesetas por 16 mensualidades.

A xornada para o persoal de oficinas desenvolverase nos horarios seguintes:

Primeira quenda:

Horario de inverno: de 8 a 15 horas de luns a venres, de 8 a 13 horas os sábados.

Horario de verán: de 8 a 14.30 de luns a venres, de 8 a 13 horas os sábados.

Segunda quenda:

Horario de inverno: de 8 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas.

Horario de verán: de 8 a 14.30 horas.

O horario do persoal da segunda quenda é de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 15-6 ó 30-9 para o ano 2001.

Para a primeira quenda, durante a xornada de verán, non traballarán os sábados comprendidos entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2001.

Para o persoal adscrito ó departamento de administración de vendas, e de acordo coas necesidades do servicio, establécense as especialidades horarias reflectidas no anexo II deste convenio.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

É firme vontade de ámbalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que fose necesaria a súa realización, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Cando as horas extraordinarias se realizasen en domingo ou festivos, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada no 100%.

Non se terán en conta, para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se trataran de horas extraordinarias.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

Incidencias nas quendas de traballo provocadas por licencias retribuídas ou IT.

Ausencia imprevista do relevo no traballo a quenda.

Reparacións perentorias.

Cerramentos de exercicio contable e confección de orzamentos.

Artigo 23º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá trinta días naturais de vacacións, aboándose estas coa retribución do salario da táboa anexa máis antigüidade e complemento persoal.

No ano de comezo da relación laboral, o persoal de novo ingreso desfrutará dentro del, da parte proporcional que corresponda segundo o número de meses traballados durante o ano, computándose para estes efectos a fracción de mes como mes completo.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo cos seus xefes respectivos, se ben de forma preferente entre os meses de xuño e setembro.

As vacacións non comezarán en día festivo ou véspera, salvo petición do interesado.

Se durante o desfrute das vacacións, o traballador xustificase ter sufrido internamento clínico, non se computarán para efectos de vacacións os días que durase o dito internamento.

Neste suposto, os días de vacacións pendentes desfrutaranse cando as necesidades do servicio o permitan.

Anualmente elaborarase un calendario laboral que comprenderá o período de vacacións.

O persoal que por necesidade da empresa non desfrute as súas vacacións nos períodos oficiais fixados, terá dereito a un complemento retributivo de 20.000 pesetas ou á parte proporcional correspondente.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificándoo adecuadamente, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días naturais.

b) Cinco días naturais en caso de nacemento de fillo ou enfermidade grave, internamento ou falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade e un día natural para parentes de terceiro grao. Cando con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento que implique a necesidade de pernoitar fóra do domicilio habitual, o prazo será de sete días para o primeiro grao e segundo grao e tres días para o terceiro grao. Un día por traslado de domicilio.

c) Un día por intervención cirúrxica, sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

e) Polo tempo indispensable para acudi-lo traballador a probas ou consultas médicas nos centros sanitarios da Seguridade Social, sempre que se acredite fidedignamente e se notificase con anterioridade á empresa.

Concédenselle os mesmos dereitos á/ó compañeira/o que á/ó esposa/o, tanto nos casos de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse días naturais.

Réxime económico

Artigo 25º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 2001, rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa ó convenio, que se incrementaron nun 2,95%, exceptuándose a bolsa de vacacións, que pasa a 128.000 pesetas, e os incentivos de venda; realízase tamén un incremento lineal de 80.000 pesetas repartidas en 16 pagas e incorporadas ó concepto complemento do convenio.

Artigo 26º.-Principios xerais sobre retribución.

Tódolos conceptos salariais que figuran no presente convenio teñen a consideración de retribucións brutas, e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidese corresponder por aplicación legal.

Artigo 27º.-Conceptos retributivos.

-Salario base.

-Complemento convenio.

-Complemento de asistencia.

-Complemento de distancia.

-Antigüidade.

-Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.

-Bolsa de vacacións.

-Axudas de custo.

-Pagas extraordinarias.

-Complemento de televenda.

Salario base:

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio ou no contrato e figura na táboa salarial.

Complementos salariais.

Complemento convenio:

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial.

Complemento de asistencia:

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

Complemento de distancia:

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, en concepto de complemento de distancia, a cantidade que figura na táboa anexa.

Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos:

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Os ditos traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións.

Bolsa de vacacións:

Recoñéceselle a todo o persoal afectado polo convenio unha bolsa de vacacións de 128.000 pesetas que se fará efectiva coa paga de xullo.

Axudas de custo:

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 2.000 pesetas.

En casos especiais, co consentimento do seu xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autoriza-lo pagamento da axuda de custo sen a partición da xornada laboral establecida.

Pagas extraordinarias:

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará de catro pagas extraordinarias, aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento convenio, complemento de distancia, complemento de traballos especiais e complemento de traballos penosos, máis antigüidade, como se vén facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

Antigüidade:

1. Tódolos traballadores que ingresasen na empresa ata o 31-5-1985, percibirán bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional ata o máximo de 20 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 37.710 pesetas.

b) Bienios a cumprir a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nas letras a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

2. Tódolos traballadores que ingresasen na empresa a partir do 1-6-1985, percibirán trienios ó 5% do salario mínimo interprofesional, ata un máximo de 13 trienios.

A antigüidade computarase desde o 1 de xaneiro do ano en que se cumpra o bienio ou o trienio.

Complemento de televenda:

Tódolos traballadores que desde a data da sinatura do presente convenio se asignaran ó departamento de televenda, conservarán o seu salario anual e estructura salarial e percibirán como complemento de posto de traballo este complemento, o importe do cal é de 30.000 pesetas por 16 pagas.

Beneficios sociais:

Artigo 28º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade, para todo o persoal da empresa, sempre que reúna os requisitos necesarios para teren dereito á pensión de xubilación do sistema de Seguridade Social española.

Ó se produci-la xubilación consonte o disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala.

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: cuatro mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: dúas mensualidades.

d) Traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificaráselle con quince días máis por ano de anticipación.

Artigo 29º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta e cinco pesetas.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta e cinco pesetas para os primeiros casos, dezaseis millóns oitocentas vintesete mil setecentas vinteoito pesetas, para os segundos e trinta e tres millóns seiscentas cincuenta e cinco mil catrocentas sesenta pesetas para os tercerios.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Muerte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta e cinco pesetas.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta e cinco pesetas para os primeiros casos, dezaseis millóns oitocentas vintesete mil setecentas vinteoito pesetas para os segundos, e trinta e tres millóns seiscentas cincuenta e cinco mil catrocentas setenta pesetas para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tare

fas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez, a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros a copia oficial da cal se lle entregará ó comité de empresa.

Artigo 30º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa estea en situación de incapacidade temporal, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Artigo 31º.-Fondo social.

A empresa destinará 1.500.000 pesetas para o ano de vixencia do convenio ó fondo social, que será distribuído polo comité de empresa para bolsas de estudio e outros fins sociais. A dita cantidade, acumulada ós restos que puidesen quedar do ano anterior, será distribuída ben durante este ano ou ben o próximo ano, aumentado no importe do fondo do dito ano.

Artigo 32º.-Comedor.

A empresa prestará un servicio de comedor no centro de traballo de Chapela, dentro do horario establecido para o efecto pola dirección da empresa, e exercerá a súa explotación de forma directa ou contratada.

A achega do traballador (prezo do servicio) será durante o ano 2001 de 225 pesetas/comida. Este valor revisarase anualmente.

Artigo 33º.-Tenda de peixe.

Todo o persoal pertencente á cadro de persoal de Pescanova Alimentación, S.A., ou pensionistas dela, terá dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

A) Pagamento crédito:

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto do 5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto de 20 pesetas/kg.

3. Peixe enteiro/filetes/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

B) Pagamento contado:

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto do 7,5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto de 30 pesetas/kg.

3. Peixe enteiro/filete/graneles: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto de 3 pesetas/kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

Cando a empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.

Dentro de cada mes natural, cada empregado ten un tope de compras equivalente a unha mensualidade do seu salario (a crédito ou ó contado).

Seguridade e saúde laboral

Artigo 34º.-Principio xeral.

As partes asinantes do presente convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 35º.-Recoñecementos médicos.

Será obrigatoria a realización dun recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que efectuará o servicio médico de empresa ou unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente e en todo caso sempre que así proceda, efectuaráselles un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

A empresa, a través do seu servicio médico ou de entidades especializadas, poderá comproba-lo estado de saúde dos traballadores en situación de IT, respectando en todo caso o dereito á intimidade persoal.

Artigo 36º.-Roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionaralles ós traballadores os medios e roupas de protección persoal que resultan esixibles para cada situación de risco.

Artigo 37º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio técnico-sanitario del, oído o comité de saúde da empresa. O dito vestiario será de dous equipos anuais.

Dereitos sindicais

Artigo 38º.-Garantías sindicais.

A empresa garantirá tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou en varios traballadores trimestralmente, logo de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 39º.-Dereito de asemblea.

Os traballadores de Pescanova Alimentación, S.A., ademais do dereito recoñecido no artigo 77 do E.T., terán dereito á celebración dentro da xornada laboral dunha asemblea ó ano, cunha duración non superior a 30 minutos. A convocatoria e desenvolvemento desta asemblea regularase polo disposto no E.T.

Infraccións e sancións

Artigo 40º.-Facultade disciplinaria.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación de faltas e sancións establecidas no presente capítulo.

Artigo 41º.-Graduación de faltas.

As faltas cometidas polo traballador serán cualificadas, segundo a súa importancia, trascendencia e intención, en leves, graves e moi graves.

Artigo 42º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as accións ou omisións seguintes:

a) Ata tres faltas de puntualidade en trinta días, na asistencia ó traballo, con atraso superior a dez minutos e inferior a trinta no horario de entrada.

b) Faltar ó traballo un día sen xustificación.

c) Non cursar en tempo oportuno o documento correspondente, cando se falte ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de o ter efectuado.

d) Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

e) Non lle comunicar á dirección da empresa a residencia e domicilio, así como os cambios neles.

f) As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da compañía. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderá considerarse falta grave ou moi grave.

g) Pequenos descoidos na conservación do material ou utensilios.

h) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada e sen notificación ó inmediato superior, aínda cando sexa por breve tempo. Se o dito abandono implicase risco de prexuízo de consideración á empresa ou de accidente ou constituíse un quebranto da disciplina, poderá ser considerada a falta como grave ou moi grave.

i) Non asistir ós recoñecementos médicos anuais, ou a aqueloutros para os que fose requirido polo servicio médico, como consecuencia de procesos de incapacidade temporal.

Artigo 43º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as accións ou omisións seguintes.

a) Máis de tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, superiores a dez minutos e inferiores a trinta, durante un período de trinta días.

b) Ausencia ou atrasos superiores a trinta minutos, sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta.

c) Faltar ó traballo dous días nun período de trinta sen xustificación.

d) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia, que poidan afectar á Seguridade Social, á Facenda Pública, ou ter calquera repercusión económica. A falta maliciosa nestes datos considerarase como falta moi grave.

e) Entregarse a xogos, distraccións ou durmir durante a xornada de traballo. Se a falta se cometese nun posto de responsabilidade poderá cualificarse como moi grave.

f) A simulación de enfermidade ou accidente.

g) A desobediencia ós superiores en materia de traballo. Se implicase quebranto da disciplina ou deles se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá cualificarse como falta moi grave.

h) Simula-la presencia doutro traballador, asinar ou fichar por el.

i) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a súa boa marcha.

j) A imprudencia no traballo. Se implicase risco de accidente para as persoas ou as instalacións, poderá cualificarse como moi grave.

k) Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios ferramentas ou materiais da empresa.

l) A embriaguez ou toxicomanía ocasional durante o traballo. Se diso se derivase perigo para as persoas ou instalacións, poderá cualificarse falta moi grave.

m) A reincidencia en faltas leves, excluída a de puntualidade, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dos tres meses seguintes á sanción anterior.

Artigo 44º.-Falta moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

a) Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superior a dez minutos, cometidas nun período de seis meses ou vinte durante un ano.

b) Faltar tres días ó traballo, durante un período de sesenta días, sen causa que o xustifique.

c) A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós seus traballadores ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa.

d) Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materias primas, vehículos, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, enxoval, vestiario, documentos ou calquera outra propiedade da compañía.

e) A embriaguez habitual ou toxicomanía durante o traballo.

f) Viola-lo segredo de correspondencia ou de documentos reservados, ou revelar datos de reserva obrigada.

g) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou faltas graves de respecto ou consideración ós superiores, compañeiros, subordinados e ós seus familiares, así como a persoas alleas á empresa, con ocasión da actividade laboral.

h) Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia.

i) Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

j) A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.

k) Orixinar frecuentes rifas e liortas cos compañeiros de traballo.

l) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos doce meses seguintes de ter sido sancionado pola anterior.

m) O abuso de autoridade por parte dos superiores será sempre considerado falta moi grave. O que o sufra poderá poñelo directamente en coñecemento da dirección ou do comité de empresa.

n) Ordenar expresamente a realización de traballos ou tarefas en forma tal que implique a vulneración dos procedementos escritos con risco grave para as persoas ou as instalacións.

Artigo 45º.-Sancións.

As sancións que poderá impoñe-la dirección, atendendo a gravidade da falta e segundo as circunstancias que concorran en cada caso, serán as seguintes:

Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a dous días.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a vinte días.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a sesenta días.

-Despedimento disciplinario nos supostos en que a falta se cualifique en grao máximo.

Artigo 46º.-Procedemento.

1. A sanción de faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ó traballador.

2. A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrucción dun procedemento contradictorio sumario, con audiencia do traballador afectado e do comité de empresa, tendo este último quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

3. Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no punto anterior, a dirección da empresa poderá acorda-la medida cautelar de suspensión de emprego.

4. A dirección da empresa informará o comité de empresa sobre as sancións impostas por faltas graves e moi graves.

5. Cando o traballador estea afiliado a un sindicato, informarase ou oirase o delegado sindical, nos casos e cos procedementos previstos nos puntos 2 e 4 do presente artigo.

6. Tratándose de delegado sindical ou membro de comité de empresa/delegado de persoal, haberá que se ater ó disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 47º.-Prescrición.

As faltas leves prescribirán ós dez días; as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, contados a partir da data en que a dirección da empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se teren cometido.

Asínase en Chapela o 4 de xullo de 2001.

Pola empresaPolo comité

ANEXO I

Definición de categorías administrativas

Comprende:

Xefes administrativos.

Oficiais administrativos.

Auxiliares administrativos.

Telefonistas.

Xefe administrativo:

É o empregado/a que ten a responsabilidade dunha ou varias seccións, negociados, delegacións ou axencias e está encargado de imprimirlles unidade, distribúe o traballo e achega as súas iniciativas para o bo funcionamento delas. É responsable, así mesmo,

do grupo ou equipo de traballo que puidera ter ó seu cargo.

Dentro desta categoría distínguense diversos niveis que constan na táboa de salarios están en función de diversos graos de responsabilidade, eficacia e cualificación profesional.

Oficial administrativo de primeira:

É o empregado/a que actúa ás ordes dun xefe, se o houber, e baixo a súa propia responsabilidade realiza con perfección burocrática traballos que requiren iniciativa, ordenando o traballo do equipo que puidera ter ó seu cargo.

Oficial administrativo de segunda:

É o empregado/a que con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinado a un xefe e/ou oficial de primeira, se o houber, realiza traballos de carácter secundario que esixen coñecementos xerais da técnica administrativa.

Auxiliar administrativo:

É o empregado/a que dedica a súa actividade a tarefas e operacións administrativas elementais e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo de oficina.

Auxiliar de entrada:

É o empregado/a que se inicia nos traballos de contabilidade, burocráticos, etc. para acada-la necesaria práctica profesional. Non poderá permanecer nesta categoría máis de tres anos, data na que pasará á categoría de auxiliar ou a que corresponda.

Telefonista:

É o empregado que ten como principal misión estar ó servicio e coidado dunha central telefónica, podendo realizar tarefas administrativas auxiliares.

ANEXO II

Especialidades horarias

Para persoal de administración de vendas, sección facturación/vendas, o horario oficial é o seguinte:

Xornada de inverno: de 8 a 13.30 e de 14.15 a 17 horas, de luns a venres.

Xornada de verán: de 8 a 14.30 para a quenda A, de luns a venres.

De 14 a 20.30 para a quenda B, de luns a venres.

A quenda B farase soamente se as necesidades da empresa o esixen e será efectuada polo menor número de persoal posible.

Para o persoal de administración de vendas, sección de servicio ó cliente (SAC), o horario oficial será o seguinte:

Xornada de inverno: de 9 a 13.30 e de 14.15 a 18 horas, de luns a venres.

Xornada de verán: dúas quendas de xornada continuada cada unha, flexibilizando o horario entre as 8 e as 20.30 horas, podendo se-lo mesmo horario da sección facturación/vendas.

A segunda quenda farase soamente se as necesidades da empresa o esixen, e sempre co menor número de persoal posible.

Táboa salarial 2001

Salario

base

Complemento

asistencia

Complemento

convenio

Complemento

distancia

Traballos

especiais

Incentivos

de venda

Total

mes

Total

ano

I. Persoal técnico

Grado sup. e asimilados85.28415.615146.97310.83900258.7114.204.916

Titulado superior en prácticas
a) Primeiro ano85.284076.561000161.8452.717.520
b) Segundo ano85.2840112.886000198.1703.298.720

Titulado grad. medio en prácticas

(Diplomado universitario)

a) Primeiro ano80.343042.420000122.7632.092.208
b) Segundo ano80.343068.973000122.7632.517.056

Analista de organización80.3437.98174.75610.36600173.4462.871.212
A.T.S.80.34314.053129.45310.64100234.4903.823.628
Graduado social80.3437.22992.98410.26200190.8183.152.172

II. Persoal administrativo

Xefe de 1ª A80.3439.521133.19410.36400233.4223.824.668
Xefe de 1ª B80.3438.412108.48710.36400207.6063.416.048
Xefe de 1ª C80.3437.176105.34910.36400203.2323.351.008
Xefe de 2ª A80.3438.07094.32410.36400193.1013.185.336
Xefe de 2ª B80.3438.06886.36310.36400185.1383.057.936
Xefe de 3ª80.3438.06881.95910.36400180.7342.987.472
Oficial 1ª80.3436.15772.90810.82500170.2332.827.100
Oficial 2ª80.3435.51364.97710.36400161.1972.685.100
Auxiliar80.3434.30541.47210.36400136.4842.294.524
Auxiliar entrada80.3433.18228.30610.36400122.1952.070.392
Telefonistas80.3434.90054.84910.36400150.4562.515.696

III. Persoal subalterno

Ordeanza80.3433.19939.2733.59000126.4052.137.684
Chofer80.3437.37760.01910.36400158.1032.628.140

IV. Persoal mercantil

Televendedor79.990013.36500

(*)

75.000168.3552.521.680

No total ano esta incluída a bolsa de vacacións. O complemento convenio ten aumento porcentual e un aumento lineal de 5.000 pesetas/paga.

(*) Este concepto salarial é variable e percibirase en función do cumprimento de obxectivos de venda mensuais.

Na táboa reflíctese o seu valor mensual ó cen por cen de cumprimento do obxectivo.

Distribúese en doce mensualidades.

Táboa salarial 2001 en euros

Salario

base

Complemento

asistencia

Complemento

convenio

Complemento

distancia

Traballos

especiais

Incentivos

de venda

Total

mes

Total

ano

I. Persoal técnico

Grado sup. e asimilados512,5793,85883,3365,140,000,001.554,8825.272,05

Titulado superior en prácticas
a) Primeiro ano512,570,00460,140,000,000,00972,7116.332,62
b) Segundo ano512,570,00678,460,000,000,001.191,0319.825,71

Titulado grad. medio en prácticas

(Diplomado universitario)

a) Primeiro ano482,870,00254,950,000,000,00737,8212.574,42
b) Segundo ano482,870,00414,540,000,000,00897,4115.127,81

Analista de organización482,8747,97449,2962,300,000,001.042,4317.256,33
A.T.S.482,8784,46778,0363,950,000,001.409,3122.980,47
Graduado social482,8743,45558,8561,680,000,001.146,8418.944,94

II. Persoal administrativo

Xefe de 1ª A482,8757,22800,5162,29001.402,8922.986,72
Xefe de 1ª B482,8750,56652,0262,290,000,001.247,7420.530,86
Xefe de 1ª C482,8743,13633,1662,290,000,001.221,4520.139,96
Xefe de 2ª A482,8748,50566,9062,290,000,001.160,5619.144,25
Xefe de 2ª B482,8748,49519,0562,290,000,001.112,7018.378,57
Xefe de 3ª482,8748,49492,5862,290,000,001.086,2317.955,07
Oficial 1ª482,8737,00438,1965,060,000,001.023,1216.991,21
Oficial 2ª482,8733,13390,5262,290,000,00968,8116.137,78
Auxiliar482,8725,87249,2562,290,000,00820,2913.790,37
Auxiliar entrada482,8719,12170,1262,290,000,00734,4112.443,31
Telefonistas482,8729,45329,6562,290,000,00904,2615.119,64

III. Persoal subalterno

Ordeanza482,8719,23236,0421,580,000,00759,7112.847,74
Chofer482,8744,34360,7262,290,000,00950,2215.795,44

IV. Persoal mercantil

Televendedor480,750,0080,330,000,00

(*)

450,761.011,8315.155,60