Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-P-2001/018 e P-P-2001/030.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme na conta nº 90/3110001181, de Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse unha vez pagada a contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 9 de novembro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/018.

Denunciado: Jesús Leopoldo García Martínez, Correáns, 2-Santa Cristina de Vinseiro, A Estrada.

DNI: 31308600.

Feitos denunciados: pescar con cana no tramo vedado de pesca do río Liñares (afluente do Ulla), no momento de ser sorprendido tiña a cana na man e o cebo dentro da auga, ás 12 horas do día 18 de marzo de 2001, no lugar de Trasmonte Barbude, no concello da Estrada.

Data do acordo da incoación: 22-3-2001.

Data da proposta de resolución: 4-7-2001.

Proposta: sancionar a Jesús Leopolo García Martínez con multa de 20.000 pesetas (120,20 euros).

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar con cana en tramo vedado do río Liñares.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia en relación co artigo 9 e anexo II da Orde do 15-2-2001 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma galega.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 20.000 pesetas (120,20 euros).

Expediente: P-P-2001/030.

Denunciado: Emilio Fontán Andión, rúa Espedrigada, 65, Vigo.

DNI: 35247091.

Feitos denunciados: pescar dúas troitas de tamaño inferior ó autorizado (16 cm), ás 12 horas do día 25 de marzo de 2001, no río Calvelle, ó seu paso por Valongo, no concello de Cotobade.

Data do acordo da incoación: 30-3-2001.

Data da proposta de resolución: 1-8-2001.

Proposta: sancionar a Emilio Fontán Andión con multa de 10.000 pesetas (60,10 euros) e unha indemnización de 2.000 pesetas (12,02 euros).

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar dúas troitas de tamaño inferior ó permitido.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia en relación co anexo IV do Decreto 130/1997.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).

Indemnización: 2.000 pesetas (12,02 euros).