Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Comerciantes y Empresarios de Salvaterra de Miño.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Comerciantes y Empresarios de Salvaterra de Miño, e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio do artigo 7, punto 8º destes, que abranguen os seguintes ámbitos

Territorial: local.

Profesional: tódolos empresarios da localidade de Salvaterra de Miño.

Asinan a acta de constitución: Cándido Teijeiro Veiga e Mª Isabel Moure Vaqueiro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, dezaseis de novembro de dous mil un.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra