Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 23 de novembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do recurso extraordinario de revisión do expediente sancionador PESAN1 1998/001237-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relaciona, a resolución do recurso extraordinario de revisión do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1 e) e 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo; r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 1998/001237-5.

Denunciado: Ángel Rodríguez Álvarez.

DNI: 35810879.

Enderezo: O Coruto, 60, A Guarda.

Precepto infrinxido: 6.7º, 6.9º.

Resolución: inadmitido.

Vigo, 23 de novembro de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS