Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 2 de novembro de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo-Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo-Lugo) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 31-12-2001. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados (e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia)). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, os interesados poderán reclamar, ante este servicio, sito na Ronda da Muralla nº 70 de Lugo, xunto con dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días, contados desde o día seguinte á data en que os predios de substitución se poñan á disposición dos participantes para que tomen posesión deles.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre o achegante e o adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Trascorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó propietario do novo predio.

Lugo, 2 de novembro de 2001.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo