Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/158-2, 5656 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27150 Lugo.

Denominación: reelectrificación de San Fiz de Paz.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con lonxitude de 747 m con orixe en L.M.T. a C.T. Igrexa e final en C.T.I. Montemaior conductor tipo LA-56. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 820 m con orixe en L.M.T. a C.T. Igrexa e final en C.T.I. Liñares conductor tipo LA-56. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 126 m con orixe en L.M.T. a C.T. Penadedra e final en C.T.I. Agüeiros conductor tipo LA-56. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 142 m con orixe en P-1 da L.M.T. a C.T. Montemaior e final en C.T.I. Igrexa conductor tipo LA-56. C.T.I. de Montemaior, C.T.I. de Liñares, C.T.I. de Agüeiros, C.T.I. de Igrexa de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude 8.050 e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 2 de novembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo