Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.043

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (237/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 237/2001 contra empresa Transportes y Excavaciones Codetrans, S.L., sobre xubilación, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, dezaseis de novembro de dous mil un, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 237/2001, seguidos por instancia de Ángel Tomé Suárez, maior de idade, asistido pola letrada Belén Pousada Vales, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, representado e asistido pola letrada Belén Guerra Díaz, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, que non compareceu, a empresa Transportes y Excavaciones Codetrans, S.L., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, xubilación, seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta polo demandante Ángel Tomé Suárez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Transportes y Excavaciones Codetrans, S.L., debo declarar e declaro que a base reguladora da pensión de xubilación do actor ascende a 96.579 pesetas, condenando ás entidades demandadas a estar e pasar pola dita declaración, e o Instituto Nacional da Seguridade Social ó seu anticipo na contía regulamentaria, con efectos do 6-4-2000, coa responsabilidade

empresarial da empresa Transportes y Excavaciones Codetrans, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Transportes y Excavaciones Codetrans, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado