Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.043

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (445/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 445/2001, seguidos por instancia de María Pilar Parajo Pose contra Santiago Sante Andrade (Mesón La Gran Tasca) sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 13-11-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por María Pilar Parajo Pose, contra a empresa Santiago Sante Andrade (Mesón La Gran Tasca), debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á demandante na suma de 459.306 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera correspoderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados

desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao-Vizcaya da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Santiago Sante Andrade (Mesón La Gran Tasca), que tivo o seu último enderezo coñecido en Políg. Icaria, 50, Oleiros, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 13 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado