Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dunha piscina cuberta e climatizada no concello de Marín (Pontevedra) e catro máis.

Aprobados os expedientes de contratación que a seguir se identifican, mediante Resolucións do 13 de decembro de 2001, procédese agora a anuncialos para a súa licitación.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Construcción dunha piscina cuberta climatizada no concello de Marín (Pontevedra).

a) Prazo de execución: vinte (20) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: douscentos doce millóns trescentas sesenta e tres mil setecentas sesenta e seis pesetas (212.363.766 pesetas, 1.276.331,94 euros).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

2.2. Construcción dun pavillón polideportivo cuberto no concello de Castroverde (Lugo).

a) Prazo de execución: quince (15) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento dez millóns cincocentas sesenta e sete mil duascentas noventa pesetas (110.567.290 pesetas, 664.522,80 euros).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

2.3. Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Guntín (Lugo).

a) Prazo de execución: quince (15) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento vintecatro millóns novecentas sete mil cincocentas sete pesetas (124.907.507 pesetas, 750.709,24 euros).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

2.4. Construcción de piscinas municipais descubertas, fase de remate, no concello de Paradela (Lugo).

a) Prazo de execución: trece (13) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: sesenta e oito millóns trescentas corenta e dúas mil oitocentas corenta e sete pesetas (68.342.847 pesetas, 410.748,78 euros).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

2.5. Reforma de pista de tenis no concello de Vilalba (Lugo).

a) Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

b) Orzamento de execución por contrata: nove millóns setecentas unha mil seiscentas dezanove pesetas (9.701.619 pesetas, 58.307,90 euros).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: non se esixe.

3. Garantía provisional.

Dispénsase, en aplicación do disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e o previsto para o efecto no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2, de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na Internet (www.xunta.es/contratación).

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre «A» (Documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Prescricións Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución do contrato e, se é o caso, ás que refire o punto B.7 da cláusula 3.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de ofertas.

Farase a cabo ás 9.30 horas do seguinte día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu estracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte