Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 15.982

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de novembro de 2001 pola que se desenvolve o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica e se aproban os diferentes modelos de declaración e de declaración liquidación, así como os documentos de ingreso en euros que se utilizarán para a xestión de tributos propios e cedidos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, apróbase o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica. A disposición derradeira primeira do referido decreto faculta o conselleiro de Economía e Facenda para dictar cantas disposicións se consideren oportunas para o desenvolvemento e execución do decreto citado.

Por outro lado, próxima a finalización do período transitorio de coexistencia da peseta e o euro como unidade de conta e medio de pagamento, que se producirá o 31 de decembro de 2001, de acordo co artigo 12 da Lei 46/1998, do 17 de decembro, sobre introducción do euro, faise necesario acomodarnos ó prescrito no artigo 23 da lei citada, a teor do cal, a partir do 1 de xaneiro de 2002, o sistema monetario empregará exclusivamente o euro como unidade de conta e tódolos instrumentos xurídicos que expresen importes monetarios empregarán a unidade de conta euro. Isto ven supoñer que as declaracións que os suxeitos pasivos deban presentar a partir do 1 de xaneiro de 2002, deberán efectuarse necesariamente en euros, sen que caiba a posibilidade de utiliza-los modelos anteriores en pesetas.

En concreto, mediante esta orde, apróbanse os modelos de declaración liquidación estimación directa e declaración resumo do imposto sobre a contaminación atmosférica en euros, que introducen algunha modificación respecto ós existentes en pese

tas, o modelo de declaración liquidación estimación obxectiva en euros, que é novo, e o modelo de declaración de alta/modificación, que introduce algunhas modificacións respecto ó anterior. Ademais das xa referidas, os modelos de declaración liquidación e declaración resumo incorporan decimais e o símbolo gráfico do euro no seu deseño.

Así mesmo, concédeselles autorización a unha serie de entidades financeiras para que actúen como entidades colaboradoras na recadación de ingresos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, posibilitando desta maneira que os suxeitos pasivos poidan realiza-los ingresos correspondentes en calquera das oficinas das devanditas entidades financeiras.

Por último, apróbanse mediante disposicións adicionais os modelos de ingresos en euros correspondentes ó imposto sobre o bingo, á taxa fiscal do xogo mediante máquinas recreativas ou de azar e os diferentes instrumentos xurídicos que expresan importes monetarios en materia de taxas e prezos. Todos estes modelos diferéncianse dos seus homólogos en pesetas pola introducción de decimais nestes, así como polo distintivo gráfico do euro que incorporan no seu deseño.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbanse os modelos de declaración liquidación en euros en estimación directa e en estimación obxectiva e o modelo de declaración resumo en euros que figuran como anexos I, II e III desta orde.

Cada un dos modelos constará de 3 exemplares, un exemplar para a Administración, outro para o interesado e un terceiro para a entidade financeira colaboradora.

Artigo 2º

No suposto de que un suxeito pasivo sexa titular de máis dun foco emisor, as declaracións liquidacións e declaracións resumo citadas no artigo anterior referiranse a cada un dos focos emisores dos que sexa titular.

Artigo 3º

1. Os suxeitos pasivos deberán formular durante cada mes natural declaración liquidación da base impoñible acumulada correspondente ó ano en curso ata o fin do mes inmediato anterior. Durante o mes de xaneiro formularase declaración liquidación da base impoñible acumulada correspondente ó ano inmediato anterior ata o fin do mes de decembro.

2. Os suxeitos pasivos deberán efectua-lo ingreso da diferencia que resulte entre a cota correspondente á base á que se refire o punto anterior e a ingresada nos meses anteriores referida ó exercicio obxecto de liquidación, en calquera oficina das entidades financeiras a que se refire o punto seguinte, que lle devolverá ó interesado os 2 exemplares correspondentes á Administración e ó interesado debida

mente validados. O suxeito pasivo procederá á presentación do exemplar para a Administración debidamente validado ante a Delegación Territorial de Economía e Facenda que corresponda territorialmente ó lugar onde radique o foco emisor. Estas obrigacións deberán realizarse no prazo sinalado no punto anterior.

3. Autorízanse as entidades financeiras relacionadas no anexo V para actuaren como entidades colaboradoras na xestión recadatoria dos ingresos propios da Comunidade Autónoma, con suxeición ó establecido nos artigos 78 e seguintes do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 4º

Apróbase o modelo de declaración de alta/modificación a que se refire o artigo 21 do Regulamento do imposto de contaminación atmosférica, para os efectos do rexistro de focos emisores e que figura como anexo IV desta orde.

Este modelo constará de 2 exemplares, un exemplar para a Administración e outro exemplar para o interesado. O titular do foco emisor deberá presenta-lo modelo ante a delegación territorial de Economía e Facenda que corresponda territorialmente ó lugar en que estea situado o foco emisor e esta devolveralle o exemplar para o interesado debidamente selado.

Artigo 5º

Ós focos emisores que sexan inscritos no rexistro antes citado proporcionaráselles un número de código que se lle notificará ó titular destes e que deberá figurar en tódalas declaracións que, en relación con ese foco emisor, se presenten no futuro na xestión do imposto sobre a contaminación atmosférica.

Artigo 6º

No caso de declaración de alta/modificación producida polo establecemento e a posta en marcha dun novo foco emisor, os datos referidos ó ano natural consistirán en previsións ou estimacións anuais, e o prazo para formular e presenta-la declaración de alta será dun mes, que comezará a contar desde o día da súa posta en funcionamento.

Artigo 7º

1. Cando se produzan variacións nos datos consignados na declaración de alta/modificación, os suxeitos pasivos deberán presentar comunicación das modificacións ante a delegación correspondente a través do modelo a que se refire o artigo 4 desta orde.

2. Cando os datos que sufran variacións teñan carácter anual, a declaración de modificación terá lugar no mes de xaneiro seguinte ó ano natural en que se produza a devandita circunstancia.

Considérase que teñen carácter anual os datos declarados relativos a consumos de combustibles,

materias primas e productos en procesos, enerxía consumida, número de días de operación e emisión de substancias contaminantes.

3. Cando o resto de datos consignados no modelo sufra variacións non relacionadas no punto anterior, o prazo para efectua-la declaración de modificación será dun mes, que comezará a contar desde o día en que se produza a dita circunstancia.

4. Os obrigados a presentar declaración liquidación mensual e declaración resumo anual non estarán obrigados a presentar declaración de modificación no mes de xaneiro se os únicos datos que se modificaron ó longo do ano inmediato anterior foron os datos que teñen carácter anual, de acordo co punto 2 anterior.

5. Tampouco estrán obrigados a presentar declaración de alta/modificación os focos emisores que non fosen inscritos no rexistro, de acordo co establecido no Regulamento do imposto sobre contaminación atmosférica, para os que durante o ano inmediato anterior variasen os datos de emisión de substancias contaminantes, sempre que a dita emisión non supere as 100 tm.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para os efectos do establecido no artigo 3º.3 desta orde, modifícase o artigo 1 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 31 de xullo de 1997, pola que se regula o procedemento de presentación centralizada de ingresos polas entidades colaboradoras, da seguinte maneira:

a) O primeiro parágrafo queda redactado da forma que figura a continuación: «As entidades colaboradoras na xestión recadatoria dos tributos cedidos á Comunidade Autónoma autorizadas, segundo o disposto na Resolución do 21 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, así como as entidades relacionadas no anexo V da Orde do 27 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproban os modelos de xestión e liquidación do imposto sobre a contaminación atmosférica en euros, están obrigadas a ter abertas na oficina principal de cada delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda, dúas contas restrinxidas de recadación, coa seguinte denominación:

-Tesouro Facenda Pública Galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de ... por declaracións-liquidacións. Autoliquidacións.

-Tesouro Facenda Pública Galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de ... por liquidacións notificadas.»

b) Engádense como modelos de ingreso que se canalizarán á conta Tesouro Facenda Pública Galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de ... por decla

racións-liquidacións. Autoliquidacións, os seguintes modelos:

Modelo 002.-Imposto sobre a contaminación atmosférica. Declaración-liquidación mensual en euros. Estimación directa.

Modelo 003.-Imposto sobre a contaminación atmosférica. Declaración resumo anual en euros.

Modelo 005.-Imposto sobre a contaminación atmosférica. Declaración liquidación mensual en euros. Estimación obxectiva.

Segunda.-Autorízase a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-lo anexo V desta orde.

Terceira.-Apróbase o modelo 001 Imposto sobre o bingo. Declaración liquidación en euros que figura no anexo VI desta orde e que substituirá para tódolos efectos o modelo que figura no anexo da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 9 de xullo de 1991, pola que se aproban os modelos de declaración liquidación do imposto sobre o bingo.

Cuarta.-Apróbase o modelo 045 Taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas recreativas e de azar. Declaración liquidación en euros que figura no anexo VII desta orde e que substituirá para tódolos efectos o modelo que figura no anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de poderesrecreativas con premio tipo B ou de azar tipo C.

Quinta.-Apróbase o modelo A Taxas. Autoliquidación en euros que figura no anexo VIII desta orde e que substituirá para tódolos efectos o modelo que figura no anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación.

Sexta.-Apróbase a declaración complementaria en euros da taxa por servicios profesionais por inspeccións e controis sanitarios oficiais de carnes frescas e carnes de coello e caza, que figura no anexo IX desta orde e que substituirá para tódolos efectos a declaración que figura no anexo II da orde citada na disposición adicional anterior.

Sétima.-Apróbanse os efectos timbrados con valor facial 0,30 A, 1,20 A e 6,01 A que figuran no anexo X desta orde e que substituirán para tódolos efectos os efectos timbrados denominados en pesetas que figuran no anexo III da orde citada na disposición adicional quinta.

Oitava.-Apróbase o modelo T Documento de ingreso para efectos timbrados en euros que figura no anexo XI desta orde e que substituirá para tódolos efectos ó modelo que figura no anexo IV da orde citada na disposición adicional quinta.

Novena.-Apróbase o modelo de liquidación en euros de prezos públicos/privados que figura no anexo XII desta orde e que substituirá para tódolos efectos o modelo que figura no anexo III da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Décima.-Apróbanse os modelos en euros D650, 650 e 651 do imposto sobre sucesións e doazóns, que figuran respectivamente nos anexos XIII, XIV e XV desta orde e que substituirán para tódolos efectos ós modelos que figuran nos anexos I, II e III da orde da Consellería de Economía e Facenda do 14 de maio de 2001, pola que se aproban os modelos D650 e 650 do imposto sobre sucesións e doazóns.

Décimo primeira.-Apróbanse os modelos en euros que se inclúen nos anexos XVI, XVII, XVIII e XIX seguintes e que son, respectivamente, os que se relacionan a continuación:

1. Modelo 043. Taxa fiscal sobre o xogo. Bingo. Declaración liquidación en euros.

2. Modelo 600. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Declaración liquidación en euros.

3. Modelo 620. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisión de determinados medios de transporte usados. Declaración liquidación en euros.

4. Modelo 630. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Actos xurídicos documentados. Pagamento en metálico do imposto que grava as letras de cambio. Declaración liquidación en euros.

Décimo segunda.-O día 31 de decembro de 2001 declárase inhábil para efectos de presentación e ingreso de declaracións liquidacións de tributos propios e cedidos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións transitorias

Primeira.-No mes de xaneiro do ano 2002, os suxeitos pasivos deberán presentar declaración liquidación mensual referida ó mes de decembro de 2001. Para isto, utilizarán o modelo 002 en euros, consignando o tipo de gravame redondeado por exceso ou por defecto ó sexto decimal máis próximo, de acordo co establecido no artigo 11.4º da Lei 46/1998, do 17 de decembro, sobre introducción do euro. As cotas resultantes da aplicación do tipo de gravame a cada un dos tramos da base impoñible consignaranse así mesmo con 6 decimais, mentres que o resultado da suma das devanditas cotas se consignará redondeando por exceso ou por defecto ó segundo decimal máis próximo. Desta cantidade deducirase a cifra total das cotas ingresadas nos

meses anteriores referida ó exercicio obxecto de liquidación, convertida a euros, redondeando por exceso ou por defecto ó segundo decimal máis próximo.

No mes de marzo do ano 2002, os suxeitos pasivos deberán presentar declaración resumo anual referida ó ano 2001. Para isto, utilizarán o modelo 003 en euros, consignando o tipo de gravame redondeado por exceso ou por defecto ó sexto decimal máis próximo, de acordo co establecido no artigo 11.4º da Lei 46/1998, do 17 de decembro, sobre introducción do euro. As cotas resultantes da aplicación do tipo de gravame a cada un dos tramos da base impoñible consignaranse así mesmo con 6 decimais, mentres que o resultado da suma das devanditas cotas se consignará redondeando por exceso ou por defecto ó segundo decimal máis próximo. Desta cantidade deducirase a cifra total das cotas ingresadas correspondentes ó exercicio 2001, convertida a euros, redondeando por exceso ou por defecto ó segundo decimal máis próximo.

Segunda.-A administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia dictará as liquidacións complementarias que correspondan pola taxa fiscal do xogo sobre o bingo pola utilización dos cartóns que, sendo liquidados polo seu valor facial en pesetas, sexan utilizados con valor facial en euros.

Terceira.-Mentres non se aproben por orde desta consellería os modelos 610, 611, 615 e 616 en euros, do pagamento en metálico do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados que grava a emisión de documentos que realicen función de xiro ou suplan as letras de cambio, utilizaranse os modelos estatais que para estes efectos foron aprobados por Orden do 12 de novembro de 2001 do Ministerio de Facenda.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2002, agás no referente ó establecido na disposición adicional duodécima, que entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de xaneiro de 1996 pola que se aproban os modelos de xestión e liquidación do imposto sobre a contaminación atmosférica e a orde da Consellería de Economía e Facenda de 20 de xuño de 1995 sobre os modelos de impresos que se deben utilizar na declaración-liquidación dos tributos cedidos e impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda