Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.025

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 307/2001, do 15 de decembro, polo que se dispón que cesen os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia que se citan.

Cumpridas as previsións do artigo 15, alínea 2, do Estatuto de autonomía de Galicia e en virtude das facultades que me confiren como presidente desta o artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cesen nos seus cargos os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia, de conformidade coa seguinte relación e agracecéndolle-los servicios prestados:

-Jaime Pita Varela, como conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

-José Antonio Orza Fernández, como conselleiro de Economía e Facenda.

-José Cuíña Crespo, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Celso Currás Fernández, como conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Juan Rodríguez Yuste, como conselleiro de Industria e Comercio.

-Juan Miguel Diz Guedes, como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Jesús Pérez Varela, como conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-José Mª Hernández Cochón, como conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Enrique César López Veiga, como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Antonio Pillado Montero, como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Manuela López Besteiro, como conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-José Carlos del Álamo Jiménez, como conselleiro de Medio Ambiente.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente