Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.026

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 308/2001, do 15 de decembro, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia.

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 306/2001, do 15 de decembro, procede a designación e nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confire o artigo 16, alínea 3, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear conselleiros da Xunta de Galicia as persoas que se relacionan a continuación:

-Jaime Pita Varela, conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-José Antonio Orza Fernández, conselleiro de Economía e Facenda.

-José Cuíña Crespo, conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Celso Currás Fernández, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Industria e Comercio.

-Juan Miguel Diz Guedes, conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

-Jesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-José Mª Hernández Cochón, conselleiro de Sanidade.

-Enrique César López Veiga, conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Antonio Pillado Montero, conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Manuela López Besteiro, conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-José Carlos del Álamo Jiménez, conselleiro de Medio Ambiente.

-Corina Porro Martínez, conselleira de Asuntos Sociais.

-Aurelio Miras Portugal, conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente