Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 15.982

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 306/2001, do 15 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia.

Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, alínea 1, do mesmo texto legal, e para establece-la nova estructura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspira-la actuación e organización administrativa,

DISPOÑO:

Artigo único.-A Xunta de Galicia estará integrada polos seguintes departamentos:

-Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Consellería de Economía e Facenda.

-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Consellería de Industria e Comercio.

-Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-Consellería de Medio Ambiente.

-Consellería de Asuntos Sociais.

-Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Disposición transitoria

Os créditos incluídos no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma para 2001 manterán ata o 31 de decembro a súa actual codificación orzamentaria e, se é o caso, no orzamento prorrogado para 202 identificación os créditos segundo o nova estructura.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para que dicte as disposicións necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova estructura administrativa, sen que en ningún caso poida orixinarse incremento de gasto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente