Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lles dá audiencia ós interesados no procedemento de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia ós titulares dos establecementos que no anexo I se mencionan, no procedemento de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, en adiante (REAT).

Mediante visita da inspección, o Servicio de Inspección de Turismo, dependente desta delegación, comprobou que nos establecementos que a continuación se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados no seu día.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, tal e como dispón o parágrafo primeiro do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, o Servicio Provincial de Turismo propón a revogación de autorización e a conseguinte cancelación no REAT.

Por todo o exposto, notifícaselles ós titulares dos establecementos referidos no dito anexo I, que se no prazo de dez días non presentan alegacións que xustifiquen o peche temporal ou a súa vontade efectiva de continuar coa actividade, acordarase de oficio a revogación da autorización e a cancelación da inscrición no REAT, todo isto ó abeiro do parágrafo segundo do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e do artigo 17.2º do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, pola que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Coruña, 23 de outubro de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña