Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007-A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. A Cabana.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 161 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta ó C.T. A Cabana-Birloque e final no C.T. A Cabana, que se vai instalar.
Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, anexa a edificio de viviendas, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV na Cabana. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 29 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña