Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007-A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., nº 8, polígono industrial Vilar do Colo (rúa C).
Situación: Ordes.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea a 15/20 kV de 25 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, coa orixe na L.M.T.A. Vilar do Colo-Chancas e final no C.T. prefabricado en r/c de 250 kVA, polígono de Vilar de Colo. Concello de Fene.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 29 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña