Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación da xestión dos servicios de cafetería da Residencia da Terceira Idade Torrente Ballester e Centro de Educación Especial Santiago Apóstol.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Números de expediente: 6/2001-RTI Torrente Ballester. 7/2001-CEE Santiago Apóstol.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: explotación dos servicios de cafetería na RTI Torrente Ballester e Centro de Educación Especial Santiago Apóstol.

b) Lugar de execución. Expediente 6/2001: RTI Torrente Ballester. Expediente 7/2001: CEE Santiago Apóstol.

c) Prazo de execución: un (1) ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

a) Importe total: trinta mil pesetas (30.000 pesetas) (180,30 euros)-RTI Torrente Ballester.

Vinte mil pesetas (20.000 pesetas) (120,20 euros)-CEE Santiago Apóstol.

5. Garantía.

a) Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña-15011.

d) Teléfono: 981 18 58 06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

7. Requisitos específicos dos contratistas: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula 4.3 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto (6º) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 15 de novembro de 2001.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña