Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de outubro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Enrique Sampedro Linares a resolución acordada no expediente sancionador ES-P-0021/01, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-91/030, conta 4, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado (rúa Pateira, blq. 7, ptal. 8, 2º B en Vigo) notifícaselle a Enrique Sampedro Linares a resolución sancionadora dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 5 de setembro de 2001, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expte. PO-91/030, cta. 4, que lle fora adxudicada.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Vistas as actuacións practicadas no expediente enriba referenciado, tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 14 de xuño de 2001, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dictou acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0021/01, no que se lle imputaba a Enrique Sampedro Linares a comisión da infracción administrativa tipificada como grave no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, por non destinar a domicilio habitual e permanente e manter deshabitada por tempo superior a tres meses, a vivenda de promoción pública, identificada como expte. PO-91/030, cta. 4, sita na rúa Pateira, blq. 7, ptal. 8, 2º B en Vigo.

Segundo.-Notificado o devandito acordo ó interesado (tal e como acredita o xustificante de recepción que

consta no expediente), este non formulou alegacións no prazo de quince días, outorgado para tal efecto ó abeiro do artigo 16 do R.P.

Terceiro.-Con data do 23 de xullo de 2001, a instructora do procedemento emite a correspondente proposta de resolución, na que propón a imposición dunha sanción de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 pts.), igualmente notificada ó interesado.

Cuarto.-Fronte á citada proposta, o inculpado non formulou alegacións.

Feitos probados.

Das actuacións realizadas durante a tramitación deste procedemento sancionador, resulta probado que don Enrique Sampedro Linares non destina a domicilio habitual e permanente e mantivo deshabitada durante máis de tres meses, a vivenda de promoción pública que lle fora adxudicada, sen que mediase xusta causa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude do disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda (DOG nº 109, do 9 de xuño).

Segundo.-Os indicados feitos probados responden á infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, segundo o cal:

Terán a cualificación de infraccións graves:

c) O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

Terceiro.-Da mencionada infracción administrativa considérase responsable, en concepto de autor, a Enrique Sampedro Linares, como adxudicatario da devandita vivenda de protección oficial.

Cuarto.-Consonte o sinalado no artigo 7.1.b. da Lei 13/1996, a citada infracción administrativa poderá ser sancionada con multa desde cen mil unha a cincocentas mil pesetas (100.001 a 500.000 ptas.).

Vistos os preceptos legais citados, a Lei 30/1992, e o Real decreto 1398/1993, a Lei 13/1996 e demais normas de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Impoñerlle a Enrique Sampedro Linares, como autor dos feitos sinalados, unha sanción de duascentas cin

cuenta mil pesetas (250.000 ptas.) xunto coa obriga de destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada.

O importe da sanción imposta pola presente resolución deberá ser ingresada na conta Tesouro da Facenda galega - conta restrinxida do IGVS - recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación: as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior, as notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Advírteselle de que, de non cumprir esta resolución administrativa en tódolos seus termos, poderán impoñerse multas coercitivas consonte o artigo 13 da Lei 13/1996.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992. Pontevedra, 5 de setembro de 2001.

José Manuel Iglesias Carrera. Delegado provincial de Pontevedra.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, o 26 de outubro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/030 (expediente sancionador ES-P-0021/01).

Conta: 4.

Nome: Enrique Sampedro Linares.

Enderezo: r/ Pateira, blq. 7, ptal. 8-2º B (Vigo).