Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 059/01P e tres máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formularen cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

Ourense, 29 de outubro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último domicilio coñecidoFeito probadoPrecepto

infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU-060/01PAdán José Pereira FlorínR/ Calouste Gulbenkian, nº 19-3º D, Ermesende. Valongo. Porto, (Portugal)Pescar sen licenciaLei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 34.1º50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-059/01PPaulo Trinta Florín

11043943

R/ Calouste Gulbenkian, nº 19-3º D, Ermesende. Valongo. Porto, (Portugal)Pescar sen licenciaLei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 34.1º50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-075/01PDomingo Gutiérrez Palomo

50449984J

R/ Alejandrina Morán, nº 31-2º D, (Madrid)Pescar en luns, día inhábil para a pesca

Pescar con dúas canas, permanecendo unha delas a fondo, a unha distancia duns 100 metros do pescador

Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.3º e 33.9º15.000

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último domicilio coñecidoFeito probadoPrecepto

infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU-091/01PJosé María Giménez Montoya

44453725S

R/ Pablo Iglesias, nº 1-1º B, (Ourense)Pescar estando inhabilitado para isto por Resolución do 23 de novembro de 2000, en luns, removendo as augas con fins de pescaLei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 35.17º500.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano e un día