Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de novembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 64/01 e VP-C 67/01.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícanselles ós interesados os acordos de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 64/01 e VP-C 67/01, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria dos expedientes a Clara Gómez Ruiz e Carmen

Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crean oportunas nos seus descargos e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 8 de novembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-VP-C 64/01.

Juan Otero Espinar.

R/ Estocolmo, 10-2º A, Santiago de Compostela.

-VP-C 67/01.

Celsa Vázquez González.

Polígono de Elviña II fase, portal 14-7º B, O Birloque (A Coruña).