Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión extraordinaria con data do 12 de novembro de 2001, aprobou o expediente de contratación da obra de construcción de 80 vivendas de protección oficial en réxime especial na finca municipal da Tafona, convocando concurso, con procedemento aberto e tramitación de urxencia, segundo o seguinte cadro de características:

Cadro de características do contrato

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Caldas de Reis.

2. Obxecto do contrato:

Construcción de 80 vivendas de protección oficial en réxime especial no predio municipal da Tafona.

3. Prazo de execución:

Dezaseis meses.

4. Tramitación:

Concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

5. Tipo de licitación:

Setecentos noventa e dous millóns trescentas dezaoito mil cento oitenta pesetas (792.318.180 pesetas).

Catro millóns setecentos sesenta e un mil novecentos vinteoito euros (4.761.928,17 euros).

6. Garantías:

Provisional 2%: 15.846.364 pesetas (95.238,57).

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Clasificación do contratista:

Grupo C, subgrupo 2, categoría F.

8. Obtención da documentación:

A documentación deberá solicitarse na copistería Copesdel, sita na rúa Arapiles nº 4 de Vilagarcía de Arousa. Tel. 986 50 78 99.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: durante o prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Lugar de presentación:

Rexistro xeral do Concello de Caldas de Reis.

11. Apertura de ofertas:

Ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

12. Gastos de anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

13. Prego:

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación con data do 12 de novembro de 2001.

En Caldas de Reis o 13 de novembro de 2001.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde