Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 23 de agosto de 2001, de concesión de axudas á contratación de traballadores de difícil reinserción do expediente administrativo FM 342E 1999/10-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación de traballadores de difícil reinserción da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG do 31 de marzo), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342E 1999/10-5.

Orde de convocatoria: 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo).

Interesado: Comercial Pescados Barreiro, S.L.

Enderezo: r/ Gregorio Espino, 52 entresollado oficina 3, 36205 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 22-3-1999, do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 23-8-2001.

Parte dispositiva da resolución:

«ACORDA:

1. Conceder a Comercial Pescados Barreiro, S.L., as axudas e subvencións pola contratación de traballadores de difícil reinserción, que se relacionan no ordinal segundo dos precedentes fundamentos, por un importe de 750.000 pesetas.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 21.1º da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na axencia estatal tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

3. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas nos artigos 8.2º e 25 da orde de convocatoria, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos na disposición adicional segunda da citada orde.

Contra a presente resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro do artigo 22.3º da orde de convocatoria e de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da presente notificación.

Vigo, 23 de agosto de 2001. P.D. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 5 de novembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra