Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 17 de setembro de 2001, de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 2001/223-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1. Expedientes de procedemento: FM 343B 2001/223-5.

Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Vicente Montenegro Pérez.

Enderezo: r/ Arenal, 138-5º E, 36201 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 10-5-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 17-9-2001.

Parte dispositiva da resolución:

Acorda:

1. Conceder a Vicente Montenegro Pérez as axudas e subvencións pola contratación indefinida dun traballador na contía seguinte:

Axuda pola contratación indefinida inicial de 1 traballador maior de 45 anos e dos parados cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses, por un importe total de 400.000 pesetas.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base doce do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos a Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-DNI vixente do traballador.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: xullo/2001, novembro/2000, xullo/2000 e xaneiro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser corrrecta ou concorde co solicitado procederase segundo o caso a revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 10 e 11 da orde de convocatoria).

4. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas no artigo 9 e na base décimo terceira do anexo B da orde reguladora.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 17 de setembro de 2001.

P.D.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 5 de novembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra