Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 9 de xullo de 2001, de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 2000/608-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG do 31 de marzo), publícase:

1. Expedientes de procedemento: FM 342B 2000/608-5.

Orde de convocatoria: 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo).

Interesada: Mª Carmen Crespo Poceiro.

Enderezo: estrada Xeral-Dena, 27-36967 Meaño (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 22-3-1999 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 9-7-2001.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

«1. Conceder a Mª Carmen Crespo Poceiro as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 1 traballador na contía seguinte:

-Axuda pola contratación indefinida inicial de 1 traballador, por un importe total de 400.000 ptas.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 24.1º da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Ficha de transferencia e/ou certificado do banco/caixa de titularidade e nº da conta.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: maio/2001, marzo/2000, outubro/2000 e setembro/1999 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

3. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas nos artigos 8.2º e 25 da orde da convocatoria, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos na disposición adicional segunda da citada orde.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro do artigo 22.3º da orde de convocatoria e de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó desta notificación.

Vigo, 9 de xullo de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 5 de novembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra