Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 23 de agosto de 2001 de concesión de axudas á contratación en prácticas e para innovación tecnolóxica do expediente administrativo FM 342C 2001/80-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación en prácticas da subvención do expediente administrativo, con

sonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expedientes de procedemento: FM 342C 2001/80-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo de 2000).

Interesado: Ibérica de Ingeniería y Control, S.L.

Enderezo: Pz. de Compostela, 30-2º-36206 (Vigo) Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 13-3-2000, do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, de data 23-8-2001.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

1. Conceder a Ibérica de Ingeniería y Control, S.L., as axudas e subvencións pola contratación en prácticas de 2 traballadores nas contías seguintes:

-Axuda pola contratación en prácticas de 2 traballadores, por un importe total de 1.050.000 ptas.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base 15ª do anexo E da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na axencia estatal tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Indica-lo número de traballadores na empresa e no centro do posto de traballo.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

3. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décimo sexta do anexo E da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos no artigo 11 da citada orde.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potes

tativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vïgo 23 de agosto de 2001. P.D. Delegado provincial. Joaquín Macías Sánchez.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 5 de novembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra