1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.
2. Obxecto.
a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia do Cima: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.
b) Prazo de execución: desde o 1-1-2002 ata o 31-12-2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente e anticipada de expediente de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: catorce millóns cincocentas mil pesetas 14.500.000 pesetas (87.146,76 euros).
5. Carantía provisional.
Non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.
b) Teléfono: 981 54 61 51 e fax 981 54 61 38.
c) Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=874
7. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: no prazo de oito (8) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no anuncio no Diario Oficial de Galicia, se coincide en día inhabil, trasladarase ó seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. (Edificio administrativo San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela). Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día natural desde o seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas; se coincide en sábado, festivo ou o día 24 de decembro, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: 11 horas.
9. Gastos do anuncio.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.
Joaquín Mariño Cadarso
Director xeral de Formación Pesqueira
e Investigación