Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico Peña Armada. (Expediente 41-EOL).

Por Resolución do 16 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico Peña Armada, sendo declarada a utilidade pública, en concreto, das instalacións do devandito parque eólico por Resolución do 22 de outubro de 2001, da Consellería de Industria e Comercio.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Friol (Lugo), como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

* Superficie de protección eólica (SPE): a superficie de protección eólica está afectada pola seguinte limitación de dominio: prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, arboredo, postes e outros) nun raio de 50 m ó redor do eixo de cada aeroxerador.

* Superficie de voo (SV): correspóndelle á área de servidume de voo das pas dos aeroxeradores, quedando definida por un círculo de 30 m de raio ó redor de cada aeroxerador.

* Superficie expropiada: correspóndelle á expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

* Servidume de paso: correspóndelle á superficie ocupada polos camiños e gabias que albergan os cables soterrados, incluíndo os foxos, valados e desmontes, coas seguintes servidumes e limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión, vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso soterrado comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas nas gabias. A devandita servidume ocupará un largo de 1,5 m ó longo de toda a lonxitude da liña.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Energías Especiales.

Lugo, 29 de novembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico Peña Armada

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: FriolProvincia: Lugo

PREDIOSPROPIETARIOSAEROXERADORESVÍA E L.M.T.

LugarClase de terreoNome e apelidosEnderezoS.P.E.

m

S.V.

m

S.E.

m

S.P.

m

1Su A corgaMonte altoComunidade monte veciñal man común de Xiá

Pte.: José Ángel Pacín Núñez

Lugar de Pozas

Parroquia de Xiá-Friol. C.P. 27227

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 1045.24114.4105.65610.088

2Monte do RegoPradoFermín López Varela

Serafín Varela Simón

r/ Serantes, nº 3-2º esqda., 48002 Bilbao

r/ Serantes nº 3-1º esqda., 48002 Bilbao

61.001---

1AO CotoMonte altoComunidade monte veciñal man común de Xiá

Pte. José Ángel Pacín Núñez

Arrendatario: Avelino Prado Pena

Lugar de Pozas, parroquia de Xiá-Friol, C.P. 27227, Casantalla, Xiá, Friol, C.P. 2722783.7782.193644872

1BO CotoMonte baixoComunidade monte veciñal man común de Xiá

Pte. José Ángel Pacín Núñez

Arrendatario: Avelino López Varela

Lugar de Pozas, parroquia de Xiá-Friol, C.P. 27227, Casantalla, Xiá, Friol, C.P. 2722791.095667148178

1CO CotoMonte baixoComunidade monte veciñal man común de Xiá

Pte.: José Ángel Pacín Núñez

Arrendatario: Jesús Penas Vigo

Lugar de Pozas, parroquia de Xiá-Friol, C.P. 27227, Casantalla, Xiá, Friol, C.P. 272279648438480224

1DO CotoMonte baixoComunidade monte veciñal man común de Xiá

Pte.: José Ángel Pacín Núñez

Arrendatario: Alejandro Barreiro Expósito

Lugar de Pozas, parroquia de Xiá-Friol, C.P. 27227, Casantalla, Xiá, Friol, C.P. 27227963248423680

3O CotoMonte baixoJesús Penas VigoCasantalla, Xiá, Friol, C.P.: 27227999071--

PREDIOSPROPIETARIOSAEROXERADORESVÍA E L.M.T.

LugarClase de terreoNome e apelidosEnderezoS.P.E.

m

S.V.

m

S.E.

m

S.P.

m

4Monte PuxeiroMonte baixoComunidade monte veciñal man común de Xiá

Pte.: José Ángel Pacín Núñez

Lugar de Pozas, parroquia de Xiá, Friol, C.P.: 2722711, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 21, 2240.01615.8715.0579.872

5A RevoltaMonte baixoHrds. de Higinio Expósito Rguez.Casferro, Xiá, Friol, C.P. 27227182.3501.243595183

6A RevoltaMonte baixoJosé Ángel Rodríguez Prietor/ Forcarei, n º 18-4º, C.P. 15002 A Coruña19, 202.555972648752

7A RevoltaMonte baixoJosé Rodríguez PenasCasferro, Xiá, Friol, C.P. 2722719, 201.6831.376347448

8A RevoltaMonte baixoCarmen Sandome PeteiroCasferro, Xiá, Friol, C.P. 2722720, 213.118502257784

9A RevoltaPradoDositeo Rodríguez PenasCasferro, Xiá, Friol, C.P. 27227212.1431.418636410

10Picheira da TelleiraMonte baixoÁngel Rodríguez López e

Alicia Rodríguez López

r/ Alcalde Abellá, nº 15-2º, C.P. 15002, A Coruña

r/ Mosteiro de Bergondo, nº 14-3º B, 15010 A Coruña

22, 2311.2212.2719501.296