Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.674

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

O número 3 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de realización das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 7 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición nalgunhas das categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocadas na Resolución do 20 de marzo de 2001 para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición, consonte a seguinte distribución:

Día 19 de decembro de 2001:

Chamamento 9 horas: persoal de servicios xerais.

Chamamento 10.45 horas: auxiliar da función administrativa, auxiliar de enfermería.

Chamamento 12.45 horas: celador, cociñeiro.

Chamamento 16 horas: xestión da función administrativa, fisioterapeuta, traballador social, matrona, T.E.L., T.E.R., T.E.A.P., hixienista dental, pinche.

Chamamento 17.45 horas: ATS/DUE.

Segundo.-Este terceiro exercicio realizarase no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único para

os efectos de unidade de acto prevista no número 9 da base sexta A) da convocatoria, pero adxudicaráselle unha puntuación de cero puntos a quen non compareza.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos