Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, con tramitación urxente e como gasto anticipado, para a contratación do servicio de vixilancia nos centros: IPMP de Vigo, EONP de Ferrol, EONP de Ribeira e Igafa da Illa de Arousa para 2002.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación - Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia nos centros: IPMP de Vigo, EONP de Ferrol, EONP de Ribeira e Igafa da Illa de Arousa.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: ver prego de características técnicas.

d) Prazo de execución: segundo o prego de características técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e como gasto anticipado.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 33.000.000 de pesetas (198.333,99 euros), impostos incluídos.

5. Garantías:

a) Provisional: 660.000 pesetas (3.966,68 euros).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: 981 54 61 40.

e) Fax: 981 54 61 38.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=886.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría B.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: será feita pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do terceiro día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación