Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.612

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (639/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Courña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos número 639/2001 seguidos por instancia de Eulogio García Fernández contra Caridad y Otero Asociados, S.L. e outro sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 15-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, dí así:

Que estimando a demanda formulada por Eulogio García Fernández, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Caridad e Otero Asociados, S.L., a que, á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 163.104 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 501.480 pesetas.

Absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselle-la presente resolución as partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións 5604.0000.60 639-2001 do Banco Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión durante a sustanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestarlle os seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Caridad e Otero, Asociados, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado