Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.612

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (75/2001).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas nº 75/2001, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 75/2001, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciante Esteban Canicoba Mejuto e os denunciados Julio Freire Sexto e Roberto Miñones Cruz.

Debo absolver e absolvo libremente a Julio Freire Sexto e a Roberto Miñones Cruz da falta de furto pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Julio Freire Sexto, actualmente en paradoiro descoñecido, e a sua publicación no DIario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o oito de novembro de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado