Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de novembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de designación de perito, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alonso de Paz, Alfredo e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de designación de perito, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de novembro de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Alonso de Paz, Alfredo

DNI: 9706085

Quintela, 27-C, 4º B

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-1338/95-T.P.C. nº 201/00

Manjón Becerra, Teresa

DNI: non consta

Riobó-A Pastora, 29

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-228/96-T.P.C. nº X-181/99