Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7040; XG-414, Lugo-Castro de Ribeiras de Lea-Feira do Monte-Vilalba, con anexos, por substitución da concesión V-7040; XG-414, Vilalba-Lugo por Feira do Monte e Castro de Ribeiras de Lea.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 20 de agosto de 2001, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos Lozano, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7040; XG-414, Lugo - Castro de Ribeiras de Lea - A Feira do Monte - Vilalba, con anexos, por substitución da concesión V-7040; XG-414, Vilalba - Lugo pola Feira do Monte e Castro de Ribeiras de Lea, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Lugo, A Tolda, Ramil, Castro, Robra, Outeiro de Rei, Albarón, Matela, Malde, Sinoga, O Pedragoso, Veiguicela, Cela, Fompedriña, Folgueira, cruzamento Folgueira, Vilela, Vilela Pequena, Sobrada de Aguiar, Arcos, Castro de Ribeiras de Lea, Xustás, Momán, Roás, Arneiro, Santo Estevo do Arbol, Goa, A Feira do Monte, Sistallo, Granda Vella, Rioaveso (San Xurxo), Porto Segundo e Vilalba.

* Feira do Monte, Vilapene, Seixas, Teixeiro, Infesta, Carboeiro, Carballo, Chafarica, Frouxeira e Porto Segundo.

* Castro de Ribeiras de Lea, Ribeiras de Lea e Mos.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Feira do Monte e Santo Estevo do Arbol, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Outeiro de Rei e Lugo, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre A Feira do Monte e Infesta, puntos intermedios e viceversa, e dese tramo para Lugo e viceversa.

3. Expedicións e calendario.

Vilalba - Rioveso (San Xurxo) - A Feira do Monte - Santo Estevo do Arbol - Castro de Ribeiras de Lea - Mos - Castro de Ribeiras de Lea - Cela Outeiro de Rei - Lugo.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Roás - Santo Estevo do Arbol - A Feira do Monte Rioveso (San Xurxo) - Vilalba.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Vilalba - Rioveso (San Xurxo) - A Feira do Monte - Teixeiro - Infesta - Porto Segundo - Vilalba.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

4. Tarifas.

* Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,0344 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,6668 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,3552 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes