Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Tebra-campo de fútbol-Vilameán.
Situación: Tomiño.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 246 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. Tui-Tebra ata o C.T. que se proxecta en Tebra-campo de fútbol, en Vilameán, no Concello de Tomiño. C.T. de 100 kVA, relación de transformación
20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 1.134 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 22 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra