Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 2 de novembro de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 9/2000, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

-Expediente número: 9/2000.

Denominación: monte: Ganderiña, Monteagudo, Penediños, A Serra, Rosende, Bosque, Penasobreira, Pico da Vara, Varalongo e Camiño Real.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Cubela.

Concello: O Incio.

Superficie total: 86,23 hectáreas.

Estremas da parcela Ganderiña-5,36 hectáreas:

Norte: predios particulares da parroquia de Cervela. Leste: predios particulares e camiño en desuso. Sur: predios particulares e estrada local de Cubela a Cervela. Oeste: predios particulares e estrada local de Cubela a Cervela.

Estremas da parcela Monteagudo-3,18 hectáreas:

Norte, leste e sur: predios particulares. Oeste: estrada local de Cubela a Cervela.

Estremas da parcela Penediños-1,87 hectáreas:

Norte e oeste: camiño público. Leste: camiño público que chega en cume á estrada local de Cubela a Cervela. Sur: camiño público e predios particulares.

Estremas da parcela A Serra-21,40 hectáreas:

Norte: monte veciñal de Fruxil e predios particulares. Leste: predios particulares e camiño público. Sur: camiño público e cavarca divisoria con predios particulares. Oeste: camiño público, predios particulares e coa parcela do monte A Serra.

Estremas das parcelas Rosende, Bosque e Penasobreira-15,23 hectáreas:

Norte e Oeste: monte veciñal e predios particulares. Leste: parcela do monte Varalongo e predios particulares separadas en parte do monte veciñal por muros e cavarcas. Sur: termo municipal de Bóveda e predios particulares.

Estremas das parcelas Pico da Vara e Varalongo-38,40 hectáreas:

Norte: predios particulares. Leste: predios particulares con cavarcas divisorias. Sur: termo municipal de Bóveda. Oeste: predios particulares con cavarcas divisorias e a parcela de monte Bosque.

Estremas da parcela Camiño Real-0,79 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: muro divisorio con predios particulares.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2000 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 2 de novembro de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo