Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001 pola que se anuncia concurso aberto para o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Cabo de Cruz para a prestación do servicio de lonxa. (Expediente 12-52-2001-C-02).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave 12-52-2001-C-02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Cabo de Cruz para a prestación do servicio de lonxa.

b) Lugar da concesión: Cabo de Cruz (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

Provisional: 68.330 pesetas (410,67 euros).

Definitiva: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A, 6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo

o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia